Sábado, 3 Maio de 2025

Covelo

Covelo entregou os diplomas ao alumnado do curso de manipulación de alimentos e alérxenos

No marco do VII Plan de Formación do Concello de Covelo, o alcalde, Pablo Castillo, e a concelleira de Emprego e Formación, Lourdes Enes, entregaron os diplomas ao alumando dos cursos de manipulador de alimentos e alérxenos.

O proxecto “Da túa man rural II” chega a Crecente, Covelo, Oia, e A Guarda

Apoiar a actividade comercial e a hostalería local en zonas rurais da provincia de Pontevedra é o obxectivo do programa “Da túa man” (rural II), que o vicepresidente da Deputación de Pontevedra e deputado de Promoción Económica, Rafa Domínguez, presentou hoxe aos 11 concellos no que se vai desenvolver o proxecto.

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama cita ás mulleres de Covelo de 50 a 69 anos

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración coa AECC, inicia a súa campaña no Concello de Covelo os días 23, 24, 25 e 26 de outubro do 2023.

Máis de 7.000 persoas visitaron Covelo en xullo e agosto

Familias de toda España elexiron Covelo como destino turístico no que descansar e gozar do medio natural. O Concello de Covelo recibíu máis de 7.000 persoas nos meses de xullo e agosto segundo revela a enquisa realizada pola concellaría de Turismo que dirixe o alcalde Pablo Castillo e a concelleira Lourdes Enes.

“Galicia sabe aMar” aterrizará o mércores en Covelo

A praza Mestre Cerviño do centro urbano de Covelo recibe ao foodtruck da campaña “Galicia sabe aMar”. Unha iniciativa da Consellería do Mar da Xunta de Galicia para a promoción e dos produtos galegos do mar e da terra.

O VII Plan de Formación do Concello de Covelo oferta novos cursos para promover a inserción laboral

A concelleira de Emprego e Formación do Concello de Covelo, Lourdes Enes, informa que ata o vindeiro día 10 de outubro estará aberto o prazo de inscrición nos novos cursos do VII Plan de Formación.

Covelo participou na Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Concello de Covelo participou na Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade do que é membro dende o ano 2006.

A Mostra de Produtos de Covelo chega á vila como cada primeiro sábado de mes

Como cada primeiro sábado de mes, o Concello de Covelo celebra este sábado, día 7 de outubro, a súa Mostra de Produtos na praza Mestre Cerviño do centro urbano.

Tarde de teatro, o domingo, en Covelo

O Concello de Covelo convida a toda a cidadanía a gozar do teatro no auditorio municipal este domingo, día 8 de outubro ás 19 horas, da man de Ártika Cía.

Prado da Canda, en Covelo, volveu lucir coas súas tradicionais danzas brancas

A parroquia de Prado da Canda, en Covelo, celebrou as súas festas na honra da Virxe María do Rosario agasallando á veciñanza música, bailes tradicionais e distintos actos litúrxicos e lúdicos.

As Neves, Crecente, Nigrán, Tui, Mondariz-Balneario, Salvaterra, Mondariz e Covelo avanzan na transformación dixital coa Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar os convenios de colaboración con 19 concellos da provincia para avanzar na transformación dixital e modernización dos mesmos grazas a unha achega de 2,52 millóns de euros dos fondos Next Generation.

Covelo celebra as festas de San Miguel

Hoxe venres, o sábado día 30 e o domingo día 1 de outubro a parroquia de Fofe, en Covelo, celebra as súas festas na honra de San Miguel. Os veciños de Fofe convidan a toda a cidadanía a participar e gozar destes dous días de música e xantar popular.