A Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe, no concello de Tui, vén de anunciar a celebración dunha Cea-Baile de Entroido que se celebrará na Casa Cultural, (Cruceiro do Monte, 7) o vindeiro 10 de febreiro a partir das 21:30 horas. A directiva da Asociación retoma a actividade este ano “porque consideramos que é unha oportunidade de compartir un momento de lecer”.
O prezo por persoa será de 20 euros para gozar dun menú composto por sopa, lacón con grelos e, como boa cea de Entroido, unha sobremesa composta polas tradicionais orellas e a non menos apetitosas filloas, amais do pan, viño do país, auga, refrescos e café. Ademais manterase o bar aberto “con prezos populares” aseguran dende a organización.
A esta actividade poden asistir as persoas socias e e acompañantes. “Cremos que é unha ocasión inmellorable para que as persoas que aínda non se asociaron poidan coñecer Xuntanza e facer grupo”, apunta a directiva da Asociación.
As persoas interesadas en participar deben poñerse en contacto coa directiva ben por whatsapp, no teléfono 646 646 500 ou a través de correo electrónico no enderezo [email protected].
A data límite para anotarse é o 02/02/2024. Unha vez feita a reserva, se procederá ao cobro e entrega do vale de participación que se presentará no día da cea.