11.6 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasO Concello de Nigrán aumenta nun 50 % as prazas para o...

    O Concello de Nigrán aumenta nun 50 % as prazas para o campamento de verán

    O prazo de inscrición abre hoxe coa principal novidade de aumentar de 120 a 180 as prazas co obxectivo de dar cabida a todas as familias solicitantes

    O Concello de Nigrán organiza como cada ano o “Campamento de Verán 2022” co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar da veciñanza. A principal novidade deste ano é a ampliación do número de prazas, pasando do récord de 120 do 2021 ás 180 deste ano, un aumento de case un 50% e dun 100% nos últimos 3 anos. O obxectivo do goberno local é poder dar resposta deste xeito a todas as familias empadroadas que o soliciten. “Con esta ampliación, tendo en conta as solicitudes de 2021, creemos que cubriremos todas solicitudes e non quedará ninguén fora”, explica o alcalde, Juan González.

    O campamento está destinado a nenos e nenas empadroados en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e desenvolverase dende o día 27 de xuño ata o día 29 de xullo de luns a venres. O período de inscrición comeza o día 2 de maio e finaliza o día 13 de maio. Este desenvolverase no C.E.I.P. Humberto Juanes. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse na páxina web www.nigran.es/TaboleirodeAnuncios/Anuncios.

    Para mais información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón (Estrada pola vía, 65), tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.