A ocupación hoteleira en Semana Santa acadou o 90%

As rúas e terrazas de Baiona enchéronse de visitantes durante este período vacacional propiciado, en boa medida, polo bo tempo que axudou tamén a que a praia fose un aliciente máis para a visita á Vila. A isto sumouse a oferta complementaria dispoñible neses días como as tradicionais procesións de Semana Santa, as visitas guiadas, a mostra culinaria do mar realizada no porto pesqueiro ou as viaxes ás Illas Cíes, unido aos importantes recursos patrimoniais, históricos, naturais e gastronómicos que xa de por si posúe Baiona.

Curso de operador de carretas elevadoras

 A Concellaría de Formación e Emprego do Concello de Gondomar, na actual programación de accións formativas para os seus veciños, organiza un curso de 'Operador de carretas elevadoras', en colaboración coa antena de Gondomar da Cámara de Comercio de Vigo.

XIII edición do Certame Literario Conde de Gondomar

A Concellaría de Educación do concello de Gondomar, dirixida por Paula Bouzós, convoca o Certame Literario Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar. Nesta XIII edición, establécense dúas modalidades: Poesía (mínimo de 14 versos, máximo 50) e Relato Curto (máximo 15 folios DIN A4). Poderán concorrer todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos.

“Bai de Tapas”, o sabor de Baiona

A IV edición do concurso gastronómico "Bai de Tapas", que terá lugar do 7 ao 31 de maio, abre o prazo de inscrición para todos aqueles establecementos de hostalaría e restauración, establecidos no termo municipal de Baiona, que dispoñan de medios para a realización das tapas e estean interesados en participar.

Suscribirse a este canal RSS