Nigrán crea a primeira Ruta Xeolóxica do Municipio na Península de Monteferro

O Concello de Nigrán ven de deseñar a primeira ruta xeolóxica do municipio na península de Monteferro, un dos puntos máis interesantes de toda a provincia de Pontevedra por concentrar gran cantidade de rochas de diferentes procesos xeolóxicos entre as que destacan conglomerados, lousas, xistos, cuarcitas, granitos e diabasas. O doutor en Xeoloxía Francisco Canosa, responsable de definir o itinerario, será quen realice a partires do verán as visitas guiadas que ten previsto o Concello de Nigrán co fin de promovela.

O C.B. Nigrán prepara o seu 'III ColeBasket'

O Club Baloncesto Nigrán, dentro da súa liña de fomentar a práctica polo baloncesto, vén de organizar xa unha nova edición do ColeBasket, o torneo interescolar de baloncesto no que participan nenos e nenas de diferentes colexios do municipio e que, con esta, chega xa a súa terceira edición. A cita terá lugar o vindeiro 8 de xuño no Pavillón Municipal de Panxón onde se habilitarán tres pistas que permitan desenvolver esta auténtica festa do baloncesto.

Nigrán Decide valora os resultados municipais que o deixan fora da nova Corporación

Nigrán Decide, nun comunicado de prensa feito público hoxe, valorou os resultaod das eleccións municipais do domingo que a deixan fora da nova Corporación. A formación, a través do seu ata agora portavoz municipal, José Cuevas, quixo agradecer "as 392 persoas que depositaron a súa confianza na nosa candidatura o apoio recibido, ademais de felicitar ao actual alcalde Juan Gonzalez e ao PSOE os resultados das eleccións locais".

Trinta millas decidirán os novos campións galegos de 'Solitarios' e 'A dous'

Un percorrido dunhas 30 millas náuticas de ida e volta entre Baiona e a illa de Ons decidirá, o vindeiro sábado 1 de xuño, quen son os gañadores do Campionato Galego de 'Solitarios' e 'A Dous' de 2019, que se celebra no marco do Trofeo Prima Vinia do Monte Real Club de Iates. Este é o oitavo ano consecutivo que a Real Federación Galega de Vela delega no club baionés a organización dunha das probas máis emocionantes e complicadas da tempada náutica, que se poderá seguir en directo en tempo real no computador ou móbil a través da páxina web do Monte Real.

Juan González: "Seguiremos gobernando con consenso, transparencia, participación e proximidade"

O alcalde en funcións de Nigrán, o socialista Juan González, quen obtivo 13 dos 17 concelleiros da corporación, compromete continuar gobernando na mesma liña nos vindeiros catro anos, é dicir, “con consenso, participación, transparencia e proximidade”. "Agardábamos un bo resultado pero é certo que superou os mellores pronósticos, o noso compromiso e seguir gobernando así, poñendo ás persoas por riba de todo, non ímos a cambiar".

A Nigrán non lle gustan os circos

A veciñanza de Nigrán demostrou, nestas eleccións, que tonterías as xustas e os circos, dentro das carpas. A pantomima das bandeiras azuis protagonizada polo PP de Nigrán que non se sabía moi ben contra que ou a favor de qué cousa querían protestar, resultoulle máis prexudicial que beneficiosa a tenor do que din uns resultados que lle dan ao PSdeG-PSOE de Juan González unha suba de 6 representantes. Dito doutro xeito, o Goberno de Nigrán terá, neste mandato, 13 dos 17 concelleiros e concelleiras da Corporación. Pódese dicir máis alto, mais claro difícilmente.

Suscribirse a este canal RSS