O Goberno de Nigrán apremia ao equipo redactor a axilizar a tramitación do PXOM

O goberno de Nigrán reuniuse esta mañá con Alfonso Botana, arquitecto responsable da redacción PXOM no municipio, para axilizar a tramitación do documento despois da paréntese electoral da corporación, xa que se trata dunha dunha cuestión prioritaria e urxente para o Concello. Neste encontro, o equipo técnico confirmou que confía en ter resoltas antes de finais de ano tódolos requerimentos, incluído o de Patrimonio que está sendo xa informado, tal e como hoxe foi confirmado dende a Xafatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo.

Éxito da VII Festa da Empanada en Gondomar

Como todos os anos e coincidindo coa conmemoración do día das Letras Galegas, celebrouse en Gondomar, desde o xoves 16 ata o domingo 19 de maio, a sétima edición da “ Festa da Empanada”, organizada pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI, en colaboración coa Concellería de Comercio do Concello de Gondomar. A cita gastronómica tivo unha gran acollida entre veciños e foráneos que se achegaron ata Gondomar para gozar desta delicia culinaria tan presente en Galicia.

Carmela Silva visita as obras na rúa da Igrexa e o Castro de Chandebrito

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Nigrán, Juan González, e concelleiras e concelleiros do goberno municipal, visitou esta mañá a parroquia de Chandebrito para coñecer as labores de escavación, consolidación e restauración do seu castro, así como as actuacións de mellora na rúa da Igrexa, situada na contorna. Esta última actuación, que conta cun orzamento de 60.350 euros, finánciase a través do Plan Concellos 2018.

Nigrán crea a primeira Ruta Xeolóxica do Municipio na Península de Monteferro

O Concello de Nigrán ven de deseñar a primeira ruta xeolóxica do municipio na península de Monteferro, un dos puntos máis interesantes de toda a provincia de Pontevedra por concentrar gran cantidade de rochas de diferentes procesos xeolóxicos entre as que destacan conglomerados, lousas, xistos, cuarcitas, granitos e diabasas. O doutor en Xeoloxía Francisco Canosa, responsable de definir o itinerario, será quen realice a partires do verán as visitas guiadas que ten previsto o Concello de Nigrán co fin de promovela.

O C.B. Nigrán prepara o seu 'III ColeBasket'

O Club Baloncesto Nigrán, dentro da súa liña de fomentar a práctica polo baloncesto, vén de organizar xa unha nova edición do ColeBasket, o torneo interescolar de baloncesto no que participan nenos e nenas de diferentes colexios do municipio e que, con esta, chega xa a súa terceira edición. A cita terá lugar o vindeiro 8 de xuño no Pavillón Municipal de Panxón onde se habilitarán tres pistas que permitan desenvolver esta auténtica festa do baloncesto.

Suscribirse a este canal RSS