Nigrán establece un novo posto de socorrismo en Panxón con cadeiras de rodas anfibias

O Concello de Nigrán instalou un novo posto de socorrismo en Panxón (cara a zona portuaria) que se suma aos dous xa existentes no inicio do Paseo, ao lado do río Muíños e na zona de Lourido, reforzándose así a vixiancia do areal máis concurrido do municipio. Neste novo punto, e co obxectivo de mellorar a calidade asistencial, realízanse agora os baños adaptados con cadeira-anfibia, xa que os usuarios e técnicos coinciden en que a auga de Panxón, con menor oleaxe que a zona de Praia América-Lourido na que se viñan realizando, é máis indicada para ofrecer o servizo.

Aberta a inscrición para a masterclass de Deborah J. Carter, estrela do NigranJazz 2019

O NigranJazz sempre va a máis. Consolidada como unha das citas imprescindibles do jazz a nivel nacional, o festival de Nigrán terá na cantante americana e educadora vocal Deborah J. Carter, a gran estrela da edición deste 2019. A cantante protagonizará a xa tradional masterclass do festival o sábado 27 ao mediodía no Auditorio Municipal de Nigrán (a artista actuará ás 22:30 no escenario do esteiro de A Foz). Os interesados en participar deben incribirse xa no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e abonar 15 € o mesmo día da clase.

Porto do Molle inaugura o CTBio-LAB, instalacións e servizos para empresas biotecnolóxicas

Dentro dun proxecto enmarcado no Programa INTERREG V-A España–Portugal 2014-2020, e coa presenza dos socios da Universidade de Santiago e da Associação Portuguesa de Bioindústria hoxe, o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades e o alcalde de Nigrán, Juan González, inauguraron os laboratorios que a Zona Franca pon ao dispor das empresas do sector Biotecnolóxico de Galicia e do Norte de Portugal.

Nigrán abre a inscrición para unha excursión ao Aquapark de Amarante

O Concello de Nigrán abre ata o 10 de xullo o prazo de inscrición para unha excursión ao Aquapark de Amarante (Portugal) o 13 de xullo, tendo preferencia os empadroados no municipio. O prezo é de 15 € para adultos e 7 € nenos de 5 a 11 anos, os menores de 5 anos van gratis. Os interesados deben anotarse na Oficina de Atención Cidadá do Concello de 9:30 a 13:30 horas. A entrada inclúe o transporte e a entrada ao recinto, está permitido levar comida da casa. A hora prevista de saída é ás 9:30 horas e a de chegada ás 22:00 horas. Non está permitido acceder con artigos de praia, envases de vidro nin cubertos de metal.

Baiona acolle mañá o concurso á mellor canción galega 'Os Bardos'

O sábado 29 de xuño ás 21:00 h na Praza do Concello de Baiona terá lugar a Gala Final do concurso de Mellor Canción Galega 2019, organizado polo Concello de Baiona para impulsar, recoñecer a creación, a diversidade, e a calidade da música feita por galegas en lingua galega. Nesta primeira edición, presentáronse un total de 17 cancións de distintos estilos musicais, sendo preseleccionadas polo xurado 10, que pasan directamente a final de onde sairán os tres primeiros premios.

Suscribirse a este canal RSS