Nigrán

O Auditorio de Nigrán acolleu a gala dos 'Premios Nigrán 2019'

O Concello de Nigrán celebrou onte sábado no Auditorio Municipal, a gala dos 'VIII Premios Nigrán', logo de que a Xunta Electoral comunicara ao Concello o arquivo da denuncia de UCN que pedía a suspensión do acto por celebrarse no día de reflexión. A Gala contou coa actuación musical de Dous , un recoñecido dúo instrumental nigranés formado por Fernando Abreu e Pablo Carrera.

Nigrán declina seguir colaborando coa empresa privada responsable das 'Bandeiras Azuis'

O Concello de Nigrán anunciou a súa intención de non seguir colaborando coa empresa privada ADEAC, responsable de conceder os distintivos 'Bandeira Azul'. Trátase –segudo explica o alcalde Juan González– dunha decisión moi meditada tras catro anos detectando falta de rigor e arbitrariedade en ADEAC". González insiste en que a decisión "non afectará a calidade dos servizos que se veñen ofrecendo nos areais nin a máxima protección medioambiental".

A legalización definitiva do cemiterio de Priegue pon fin a tres anos de trámites

A ampliación do Cemiterio de Priegue xa é definivamente legal despois de 35 anos sen regularizar. O alcalde de Nigrán, Juan González, asinou a semana pasada a resolución tras recibir o visto bo definitivo da Consellería de Sanidade despois de tres anos de trámites para adaptalo á Lei de Sanidade Mortuoria de Galicia. O camposanto, non municipal, estaba operativo dende 1987 pero sen ter os permisos necesarios, polo que a petición da propia comunidade de propietarios, o Concello tomou a decisión no 2016 de mediar coa Xunta para solventar este asunto.

O Concello inviste 14.800 € nun colchón de chan para as ximnastas do Acroclub Nigrán

O Concello de Nigrán ven de instalar no ximnasio do CEIP Humberto Juanes un colchón de chan Flexiroll SPIETH de 14 x 14 metros por un importe total de 14.768,66 €. Esta aparello, enrolable e homologado para alta competición, é un dos mellores que se poden atopar no mercado e resulta fundamental para que o Acroclub Nigrán desenvolva a súa actividade deportiva. Ademais, poderá ser empregado polos alumnos do centro escolar para a súa educación física e servirá para que a Policía Local de Nigrán realice prácticas.

Deporte e solidariedade no V Torneo Basket Sen Barreiras do C.B. Nigrán

Define a Real Academia Española, no seu diccionario, a palabra redundancia como "Emprego de palabras innecesarias para expresar unha idea ou concepto por estar xa expresado con outras palabras ou por sobreentenderse en elas". Así pois, e dende esa definición, os termos C.B. Nigrán e solidariedade son redundantes porque, no primeiro xa vai implícido o segundo.

Suscribirse a este canal RSS