Nigrán

Mellora da Avenida de Praia América

A Deputación de Pontevedra concede a Nigrán unha subvención por valor de 25.933 euros, a través do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015, para a mellora da seguridade viaria na Avenida Praia América, entre o campo de fútbol, o cruce coa Rúa Torrente Ballester e o acceso a Monte Lourido.

A Ramallosa, mellor comunicada

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de licitar, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), as obras de reparación do firme en tres estradas da rede viaria autonómica do sur da provincia de Pontevedra que contan un orzamento próximo aos 400.000 euros.

Curso de Xardineria Básica para desempregados

O Concello de Nigrán, dentro do seu Plan Formativo Municipal, vén de poñer en marcha un curso de Xardinería Básica no que poderán participar 15 veciñas e veciños en situación de desemprego e que estean empadroadas no municipio.

Suscribirse a este canal RSS