Nigrán

O PP de Nigrán propón un plan de axuda ao comercio e autónomos

O PP de Nigrán poñerá en marcha un plan de apoio ao comercio local e a autónomos, unha iniciativa que ten como obxectivo potenciar a actividade de moitos veciños e veciñas de Nigrán que teñen no seu negocio e pequena empresa o seu medio de vida, ao tempo que incentivar a xeración de emprego para os nosos veciños.

Arranca “Bocados”, o concurso de tapas de Nigrán

A Asociación de Empresarios do Val Miñor (OVALMI) e o Concello de Nigrán, veñen de convocar a segunda edición do Concurso Gastronómico “Bocados” que se desenvolverá entre os días 22 e 31 de maio coa participación dun total de 18 establecementos participantes que deberán ofrecer dous bocados ou tapas, unha por valor de 1,50 euros e outra por valor de 3 euros, con total independencia da consumición de calquera outra bebida ou produto.

Suscribirse a este canal RSS