Nigrán

O PP de Nigrán lamenta que a Oficina de Turismo de Patos estea pechada

O voceiro do grupo municipal popular, Alberto Valverde, ven de denunciar o feito de que a oficina de turismo de Patos aínda permancía pechada a día 26 de xuño "a pesar de que o anterior goberno deixou todo preparado para que esta instalación municipal puidese estar operativa dende o pasado 15 de xuño", aclara o voceiro popular.

PP de Nigrán: “ao PSOE sérvelle agora o que denunciaba cando estaba na oposición”

O portavoz do Grupo Municipal do PP de Nigrán, Alberto Valverde expresou a súa “incredulidade” polo cambio de criterio do PSOE en relación coa presenza de feirantes no parque empresarial. Valverde lembra que na súa etapa como alcalde, o grupo municipal socialista “criticaba sen rubor e definía como grotesca” a presenza de camións e trailers de feirantes en Porto do Molle. Asegura Valverde que “estando eles agora no goberno, permiten esa situación e a autorizan”.

Valverde cualifica de “populista” a retirada das “duchas de pago” nas praias de Nigrán

Nun máis que quente comezo de lexislatura en Nigrán, –e levanse catro días– o voceiro popular, Alberto Valverde, “respectando a decisión municipal de retirar o sistema de aforro de auga instalado nas praias”, asegura que as consecuencias negativas de “determinadas medidas populistas” deberían analizarse con detemento xa que poderían “supoñer un incremento no recibo da auga dos veciños de Nigrán”.

Alberto Valverde: "Os teléfonos e ordenadores están cada cada un no seu despacho"

O voceiro do grupo municipal popular, Alberto Valverde, amosou a súa indignación polas acusacións formuladas polo alcalde, Juan A. González, no seu primeiro día de mandato en relación á falta de ordenadores e teléfonos móbiles. Coa súa resposta Valverde quixo “deixar claro que ningún membro do anterior equipo de goberno se levou ningún dispositivo propiedade do concello".

Suscribirse a este canal RSS