Nigrán

Nigrán participa nun curso sobre xestión de residuos organizado pola Universidade de Navarra

O Concello de Nigrán participa no curso de verán organizado pola Universidade Pública de Navarra en Alsasua (País Vasco) “Hacia la economía circular” mediante a presencia nel do seu edil de Medio Ambiente, Diego García Moreira, único representante do Val Miñor. Estas xornadas comezaron o martes e conclúen hoxe, e están dirixidas a axentes responsables, políticos e técnicos de administracións locais e rexionais, principalmente dentro do ámbito do medio ambiente.

O PSOE de Nigrán pide que se "revogue a concesión do Álvaro Cunqueiro"

O Grupo Socialista da Corporación de Nigrán, vén de presentar unha moción para ser tratada no vindeiro Pleno da Corporación na que se pide, entre outras cousas, “que se revogue a concesión do hospital xa que este hospital non é nin polo seu modelo de construción público privado nin polos recursos implantados o que os cidadáns necesitan nin moito menos o que estaba previsto”.

Suscribirse a este canal RSS