Éxito de participación na quinta edición da Nigrán Area

A participación, un ano máis, superou as previsións da organización A participación, un ano máis, superou as previsións da organización

Praia América e Panxón convertéronse onte, un ano máis, nunha pista de atletismo na que disputar a quinta edición da proba de atletismo Nigrán Area, organizada polo Concello de Nigrán e a Sociedad Atlética Val Miñor.

O tempo, que non era precisamente dun día de praia, fixo que a proba fora menos dura para os atletas que, cando menos, non tiveron que soportar a calor doutros anos. A proba que se disputaba por unha superficie chaira, xa que se aproveitaba a marea baixa, foi seguida por centos de afeccionados que non quixeron perderse esta auténtica festa do atletismo.

nigran area02

As distancias dependían, evidentemente, das categorías todas elas mixtas. Así a carreira absoluta facíase sobre unha distancia de 6.000 metros; cadetes, 3.000 metros; infantís, 1.500 metros; alevíns, 1.000 metros; benxamíns, 500 metros, pre-benxamíns, 300 metros e finalmente, os máis cativos da categoría pitufos, 100 metros.

As clasificacións finais da proba poden consultarse neste enlace.