Centos de deportistas progagonizan mañá a carreira “Nigrán Area” en Praia América

Juan González, alcalde de Nigrán (primeiro pola esquerda) cos compoñentes da Sociedade Atlética Val Miñor da que é membro na categoría de veteranos Juan González, alcalde de Nigrán (primeiro pola esquerda) cos compoñentes da Sociedade Atlética Val Miñor da que é membro na categoría de veteranos

Praia América e Panxón voltarán mañá domingo a ser o escenario dunha das carreiras máis señeiras do verán: a V Nigrán Area organizada polo Concello e a Sociedad Atlética Val Miñor. A competición dará comezo as 10:30h coas categorías menores, sendo a absoluta ás 11.30 horas. Nesta última, como ven sendo habitual, participa o alcalde de Nigrán Juan González (membro ademáis da Sociedade Atlética Val Miñor na categoría de veteranos).

Os premios aos gañadores desta proba, serán entregados polos atletas profesionais de Nigrán Pablo Denis Sanromán e Jeny Fernández Massó, participantes recentemente no Campionato de España en Castellón.

Os circuítos discorrerán entre o peirao de Panxón e Praia América, son itinerarios chairos sobre a area mollada, xa que se aproveita a marea baixa.

En canto aos horarios das probas serán os seguintes:
10:30 horas
Cadetes Femininos/Masculinos (2000/2001) 3.000 m
Infantís Femininos/Masculinos (2002/2003) 1.500 m
Alevíns Femininos/Masculinos (2004/2005) 1.000 m
Benxamíns Femininos/Masculinos (2006/2007) 500 m

11:30 horas
CARREIRA ABSOLUTA (99/anteriores) 6.000 m
Pre-benxamíns Femininos/Masculinos (2008/2009) 300 m
Pitufos Femininos/Masculinos (2010/2011) 100 m

Os dorsais e chip serán entregados polo club organizador hoxe sábado no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día (ata 30 min. antes da celebración da carreira) debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e respectar a publicidade impresa se a houbese durante toda a proba. Ante calquera dúbida e imprescindible presentar o xustificante de pago para retirar o dorsal.

Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Alevín ata cadete e a todos os pitufos, prebenxamíns e benxamíns ate fin de existencias. Premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor na carreira absoluta.

Proporcionarase avituallamento ao fin da carreira, haberá un servizo de ambulancia dispoñible durante e os deportistas poderán empregar as duchas do Pavillón Municipal de Deportes de Panxón.