O Concello de Nigrán organiza un curso de autodefensa destinado a mulleres

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un curso de autodefensa destinado a mulleres. O curso desenvolverase os días 19 e 26 de xuño no Pavillón deportivo de 9:30 horas á 13:30 horas. Terán preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Nigrán.

O período de inscrición comeza o día 5 de xuño e remata o día 17. A inscrición poderá realizarse presencialmente na Oficina de Atención Cidadá (no edificio do Concello), por teléfono (no número 986 365 000) ou por correo electrónico (no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) para o que deberá remitirse o nome completo, DNI e teléfono de contacto. Admisión no curso realizarase por orde de inscrición.