Juan González presenta, este venres, a súa candidatura ás municipais 2019

O alcalde socialista de Nigrán e candidato á reelección nas municipais do 26 de maio, Juan González, presenta este venres ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Nigrán a súa candidatura nun acto público aberto á participación da veciñanza, a quen precisamente invita a asistir. Esta primeira xuntanza, así como as que manterá en cada parroquia (a seguinte delas en Priegue o sábado 11 ás 20:30 no Centro Cultural O Torreiro) ten como obxectivo non só presentar as propostas do partido socialista para os vindeiros catro anos, senon tamén escoitar os desexos ou as preguntas dos veciños e veciñas.

González aposta pola continuidade na súa lista para concurrir ás eleccións do 26 de maio despois de catro anos nos que, como goberno, traballaran arreo conforme ao 'Nigrán para todos' que sempre buscaron conseguir.

"Invitamos aos veciños e veciñas a asistir. Somos un equipo unido e solvente cun proxecto en marcha dende 2015 que non se pode parar, temos por diante un futuro prometedor e cheo de retos que cumprir, aínda que sei que faltan cousas por facer ", sinala o rexedor, quen se compromete "novamente ao cen por cen" co municipio. "O noso xeito de gobernar e xestionar xa quedou reflexado neste tempo e seguirá así, situando ás persoas por riba de todo. Agora buscamos a maioría suficiente que nos permita axilizar tódolos proxectos que temos en marcha e os que queremos iniciar xa"

Así, nesta lista que concorre as elección do 26 de maio repiten nos mesmos postos Raquel Giráldez Armas, actual teniente de alcalde, concelleira de Facenda, Desenvolvemento Local e Contratación no número 2; Diego García Moreira, concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Persoal no número 3; Rubén Rial Sánchez, concelleiro de Vías, Obras, Limpeza, Servizos Urbanos e Seguridade no número 4; José Luis Sanromán Román, concelleiro de Educación e Deportes no número 6; e Alfonso Vázquez, concelleiro de Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio no número 7. Como novidade, incorpórase no número 5 Nuria Lorenzo, veciña de Chandebrito catedrática de Canto, solista e directora coral. Os seguintes postos o conforman persoas tamén moi comprometidas socialmente e que pertencen as filas do PSOE, como as mestras Bibiana Peixoto e Marina Vidal no número 8 e 9 respectivamente.

Seguen la lista Patricia Diego Travieso, Cristina Dosil Valverde, María Mayán Areal, Ladislao Alonso Valverde, Mariluz Pérez Vidal, José Fernández Rodríguez, Luciano Iglesias Costas, Auri Brión Toucedo, Jesús Costas Grabín, Joaquina Barros Sanromán e Rafael Castro de la Cruz

"Nigrán está en marcha, un Nigrán para as persoas está en marcha e buscamos a maioría suficiente para poder continuar construíndoo", sinala González, quen sitúa novamente "a transparencia e participación veciñal como eixo transversal da acción política nos vindeiros catro anos".