Logo
Imprimir esta página

Nigrán asfalta trece rúas de Camos cun investimento superior aos 142.000 euros

O Concello de Nigrán rematará esta semana o asfaltado de trece rúas da parroquia de Camos por importe de 142.731 € a cargo do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra. Estas atópanse nos barrios de As Pedras, A Lama, A Touza, O Carballal, A Cruz, Marín, Vilar, O Sobral, A Rotea (segunda fase) e A Carballeira e todas elas levaban máis dunha década sen pavimentar, algunhas incluso dúas.

As obras de pavimentación abranguen rúas como Baleazas, reclamada dende a comunidade educativa para acceder de xeito máis seguro ao CEIP da Cruz, ou Camiño das Pedras e Candosa (onde se instalou abastecemento) ou os camiños Fonte Santa, Lodeiro, Sixón, Touza, Seixo, Cruceiro, Piñeiro, Lameiro, Sobral, Rotea.

asfaltados camos 02

"Somos conscientes de que aínda é preciso asfaltar máis e o levaremos adiante nunha segunda fase. Estes trátanse todos eles de camiños en mal estado, moi transitados, e que precisan de xeito prioritario ser asfaltados; existe unha débeda histórica co mantemento dos camiños no rural de Nigrán e dende o goberno local estamos a traballar para saldala", sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que no plan de asfaltados 2018 renovouse o firme de outras 14 rúas de todo o municipio por importe de 108.900 €, sumándose nos últimos tres anos 383.000 € do Concello só para plans de pavimentación.

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados