Nigrán abre o prazo do campamento de conciliación de Semana Santa

Dende o luns está aberto en Nigrán o prazo de inscrición para o campamento de Semana Santa que se desenvolverá entre los días 15 y 19 de abril no pavillón de Panxón cun horario de 9:30 a 14:30 horas. A actividade está destinada a nenos e nenas de 4 a 12 anos, só para empadroados e terán prioridade as familias con dificultades para a conciliación laboral e familiar (familias monoparentais onde o pai ou nai traballen, familias numerosas, familias onde traballen os dous pais....)

As actividades durante os cinco días serán tanto dentro do pavillón como exteriores dependendo, evidentemente, das condicións meteorolóxicas e os nenos contará con 7 monitores para o desenvolvemento das actividades que van dende xogos no pavillón, visitas a Monteferro, iniciación ao surf, etc. En total haberá 70 prazas.

A inscrición pode formalizarse na oficina de Atención Cidadá, onde deberán cubrir a ficha de inscrición e achegar documentación que xustifique o vínculo familiar e a situación laboral (Libro de familia, nomea recente...)