Cando gañar convértese en costume. Outro título de liga para o C.B. Nigrán

Aínda estaba o CB Nigrán de celebración do título conseguido polo seu equipo benxamín, cando os maiores, os senior, decidiron unirse á festa proxlamándose campións logo de gañar o seu partido disputado na Illa de Arousa. Foi un partido, eso sí, moi complicado con varias baixas dos seus integrantes nunha cancha sempre dificil e cunha bancada moi envorcada no seus pero, aínda así, os de Nigrán conseguían facerse coa vitoria que os proclama matematicamente campións de liga.

Este título dálles a opción directa a xogar a Fase de Ascenso, fase que xa gañaron a tempada pasada despois de quedar subcampións de liga empatados a puntos co campión. Esta é a segunda tempada que o CB Nigrán conta con categoría sénior desde que o Club volveu á competición despois dun período de nove anos de inactividade.

Trátase dun equipo equipo formado por 13 xogadores entre os cales se atopan algúns que deron os seus primeiros pasos sendo tan só uns nenos nas filas do CB Nigrán hai agora 20 anos. Estes bos resultados deportivos están a traer consigo o incremento de novas incorporacións e no club xa están a valorar a conformación de novos equipos en categorías das que non dispoñen na actualidade.