Logo
Imprimir esta página

O CB Nigrán acode a súa cita cos Reis Magos

O C.B. Nigrán inicia este ano 2019 participando na primeira edición dos 'Encontros Deportivos de Reyes' ,organizados polo colexio Apóstol Santiago de Vigo, no que tamén participarán clubs como o Celta ou o Seis do Nadal entre outros. O club de Nigrán acudirá co seu equipo benxamín e un dos seus alevíns que disputarán, cada un deles, tres partidos ao longo da mañá.

Ao finalizar os partidos terá lugar un super KO e finalmente realizarán a foto de grupo por categoría. 

Mentres, sen tempo para repoñerse do Nadal e aínda non rematadas as vacacións, o C.B. Nigrán traballa xa na preparación das segundas fases da liga coas diferentes categorías, reforzando algúns dos seus equipos con novas incorporacións, sen esquecerse da organización do seu torneo Basket sen barreiras que celebrará no mes de Abril os seu quinto aniversario.

Doutra banda o Club de nigrán está a manter conversas con outros clubs deportivos do municipio de cara á realización dalgunha actividade conxunta antes de rematar a tempada.

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados