A Deputación financia dúas novas actuacións en Gondomar con máis de 145.000 euros

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno dous novos investimentos por un valor de 145.030,80 euros para Gondomar con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, destínanse 81.530,80 euros para a humanización da interconexión das rúas san Bieito e Emigrante coas estradas de Peitieiros e Chaín-Morgadán, e outros 63.500 euros para financiar as obras de mellora da pavimentación en camiños municipais nos barrios de Guntín, As Regadas e Boucelos (Borreiros).

Máis polo miúdo, vaise a humanizar todo o conxunto incluíndo os accesos á intersección desde as rúas emigrante e San Bieito e desde os viarios cara as parroquias de Chaín, Morgadáns e Peitieiros. Ademais, as obras implican a construción de beirarrúas, tratando de manter o ancho de 2,5 metros, con variantes en zonas puntuais.

Pola súa banda, na parroquia de Borreiros vanse levar acabo obras de pavimentado de camiños, mellora do firme, da accesibilidade e funcionalidade, así como as escorrentías naturais de pluviais.