Digna Rivas asiste á presentación do mural do IES Auga da Laxe de Gondomar

A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, dirixíndose aos participantes no programa «DepoRúARTE», acompañada polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira e profesorado do centro A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, dirixíndose aos participantes no programa «DepoRúARTE», acompañada polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira e profesorado do centro

A deputada de Xuventude e Cohesión Social, Digna Rivas, acompañada polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, asistiu na mañá de hoxe a presentación do mural «Homenaxe ao Guernica» realizado polo alumnado de segundo de bacharelato do IES Auga da Laxe e realizado ao abeiro do DepoRúARTE. Pintando alternativas da Deputación de Pontevedra. Un total de 14 alumnos e alunmas elixiron unha parede na que había unha mostra dun “Guernica” de autor descoñecido, polo que a razón de escoller esta temática foi darlle continuidade á obra preexistente.

Para ist contouse coa colaboración da artista Noemí Núñez e, logo de participar nas distintas sesións formativas das que consta o programa, foise elaborando o mural que se presenta mañá ante o corpo docente e o resto do alumnado do centro.

DignaRivas deporuarte 03

Este proxecto, que forma parte do programa “DepoRúARTE”, arrancou a súa terceira edición en maio pasado e xa pasou polo IES Barral de Ponteareas, polo IES María Soliño de Cangas, polo IES de Meaño, polo IES Chano Piñeiro de Forcarei, polo IES de Barro, polo CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis, polo IES de Poio e polo IES Pazo da Mercé de As Neves. Está destinado á mocidade e o obxectivo deste ano é educar na arte urbana á xente máis nova, para que poida diferenciar entre o que é a arte, que está a deixar unha pegada significativa en cidades como Lisboa, Brístol, Lyon ou Nova York, e o que é o vandalismo urbano.

DignaRivas deporuarte 01

En cada un dos centros que participaron ou van participar neste programa lévanse a cabo varias sesións formativas de debate e reflexión coordinadas polo equipo de traballo en colaboración coas persoas traballadoras dos centros, co obxectivo de ofrecer ao alumnado participante unha formación básica que dote de recursos para identificar e analizar problemáticas sociais co fin de afondar no papel da arte urbana como ferramenta de cambio.
Posteriormente realízase unha xornada de preparación da superficie a intervir no centro escolar (por parte do equipo de traballo), unha xornada de intervención colaborativa na que os alumnos e alumnas pintan a superficie escollida xunto ao equipo de traballo, e finalmente, o equipo de traballo emprega as xornadas que resulten necesarias para que o mural quede debidamente rematado.