Baiona

Visitas guiadas gratuítas

O potencial histórico, cultural, etnográfico e turístico de Baiona é incuestionable. Pero non basta só con posuír dito potencial, senón que é preciso dalo a coñecer tanto a propios como a estraños. É por iso que o Concello de Baiona vén de organizar unha serie de visitas guiadas durante a Semana Santa para que tanto os veciños e veciñas, como os turistas que nestas datas achéganse á Vila do Descubrimento, poidan coñecela a fondo.

Campaña de Detección Precoz do Cancro de Mama

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, vén de facer público un bando para informar a todas as veciñas do municipio, con idades comprendidas entre os 50 e 69 anos, da posta en marcha dunha nova campaña de Detección Precoz de Cancro de Mama que organiza a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración coa AECC e que terá o seu inicio o vindeiro día 1 de abril.

Suscribirse a este canal RSS