Baiona

Tradición e deporte na Regata de Gamelas 2015 de Baiona

A partir das 18:00 horas de hoxe venres, comezan en Baiona as roldas clasificatorias da Regata de Gamelas 2015 “Gran Premio Eurored Vigo” que se disputan en augas do porto pesqueiro baionés e que, dende a súa primeira edición, congregan a numeroso público que sigue con interese unha regata na que a tradición e o deporte camiñan da man.

Todo disposto para o IV Triatlón Popular de Baiona

Todo está disposto para que o vindeiro domingo, 26 de xullo, ás 10:00 horas, tomen a saída dende o Paseo da Praia da Ribeira en Baiona, os 140 participantes no IV Triatlón Popular organizado pola Concellería de Deportes e Actividades Marítimas e pola Piscina Mancomunada do Val Miñor, e incluído dentro da programación deportiva deste verán 2015.

Remata o campus deportivo de Fútbol Sala de Baiona

Mañá venres, 24 de xullo, rematará o campus deportivo de Fútbol Sala, organizado polo Club Baiña F.S. e co patrocinio de “La Caixa” e que se inclúe dentro dos campus deportivos que o Concello de Baiona desenvolve ao longo de todo o verán.

XXXI Carreira Pedestre Popular “Andar e Correr 2015”

A concellaría de Deportes e Actividades marítimas do Concello de Baiona organiza un ano máis, a tradicional Carreira Pedestre popular "Andar e Correr" que se celebrará o día 23 de agosto. Nesta data o reto que se impón a organización é alcanzar a cifra máxica das 3.000 inscricións, e é por iso, polo seu XXXI aniversario, polo que animan a todos os veciños e visitantes a que participen na que é, sen dúbida, a festa do deporte para todos en Baiona.

Suscribirse a este canal RSS