Baiona

Escolares ingleses aprenden a navegar en augas de Baiona

Escolares da localidade británica de Manchester navegaron este luns pola baía de Baiona grazas ao ofrecemento do Monte Real Club de Iates. Os alumnos e alumnas, de entre 10 e 11 anos de idade, atópanse estes días de visita no Val Miñor con motivo dun intercambio lingüístico co Colexio de Educación Infantil e Primaria Humberto Juanes de Nigrán. 'From Manchester to Nigrán' é unha actividade que ambos os municipios consolidaron co paso do tempo, e que neste 2019 cumpre a súa décimo quinta edición.

Baiona abre a inscrición para un Curso de Autodefensa para Mulleres

O Concello de Baiona vén de abrir o prazo de inscrición para participar nos cursos de autodefensa persoal dirixidos a mulleres. A actividade é organizada polo Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller, cos fondos destinados ao cumprimento do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero destinados aos concellos.

Baiona súmase á campaña 'Iluminao Azul' de concienciación sobre o autismo

Con motivo da conmemoración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, o Concello de Baiona iluminará de azul, durante a tarde noite do 2 ao 3 de abril, tres dos máis significativos edificios e monumentos da localidade que serán a Casa do Concello, o Cruceiro da Santísima Trindade e a Virxe da Roca, en apoio ás persoas que padecen autismo e ás súas familias.

Daniel Pereira ofrece un concerto de piano en Baiona

Este sábado día 30 de marzo ás 20:00 h na sala de audicións da Escola Municipal de Música de Baiona, terá lugar o concerto do pianista Daniel Pereira, cun recital das mellores bandas sonoras das películas máis destacadas do cine internacional. O concerto está organizado pola Concellería de cultura de Baiona en colaboración coa Escola Municipal de Música de Baiona.

A liga de Inverno de J80 decidirase na última xornada

Un vento sen ganas de estabilizarse e desaparecido por momentos obrigou a suspender, na tarde do sábado en Baiona, a penúltima xornada da liga de Inverno de J80 organizada polo Monte Real Club de Iates. Dificultades para definir o campo de regatas, unha chamada xeral, cambios de percorrido, unha proba suspendida nada máis iniciarse e outra cando estaba pola metade foron algunhas das situacións que se viviron na tarde do sábado na baía baionesa.

Suscribirse a este canal RSS