O Club Ximasia Rítmica «As Estelas» inicia o seu Campus 2017

O Club Ximnasia Ritmica «As Estelas» de Baiona dará comezo a próxima ao seu tradicional Campus de verán que se desenvolverá entre os días 7 e 11 de agosto en horario de 10 h a 14 h. Será a sétima edición desta iniciativa dedicada, en exclusiva a un deporte como a ximnasia rítmica que, nestes momentos, é un marco deportivo de referencia. Non se pode esquecer que a selección española de ximnasia rítmica leva conseguindo, neste último ciclo olímpico, un sen fin de éxitos deportivos.

Entre os éxitos, salienta o club «As Estelas» a medalla de prata conseguida nas Olimpíadas de Río o pasado verán. Precisamente, Alejandra Quereda, a súa capitá, visitou Baiona o pasado mes de xuño para impartir unha masterclass a máis de 50 ximnastas.

ximnasia ritmica campus 2016 03

Dende o club fan unha invitación "aos nenos e nenas que tras ver en prensa ou televisión algo de ximnasia rítmica e queiran coñecer máis preto este deporte teñan esa oportunidade". O campus está dirixido a nenas e nenos de 4 a 14 anos e desenvolverase en horario de 10 h a 14 horas no no polideportivo de Baiona, lugar onde os interesados e interesadas poden formalizar a inscrición.

Durante esta semana as adestradoras, María Oliveira Martínez, ximnasta en categoría promoción cun palmarés deportivo de terceira clasificada en campionatos provinciais e galegos e Alejandra López Pérez Xuíz nacional con experiencia en campionatos nacionais e autonómicos, ensinarán ás e aos participantes neste campus as técnicas dos diferentes aparellos (corda, aro, mazas, cinta e pelotazo), técnicas de mans libres, taller de maquillaxe, deseño de Mallots, xogos, excursión á praia. Unha semana de deporte e diversión.