Rematan as actividades co Campus de Ciclismo de Baiona

Os nenos e nenas do Campus de Ciclismo, co alcalde de Baiona, Ángel Rodal e a actriz María Castro Os nenos e nenas do Campus de Ciclismo, co alcalde de Baiona, Ángel Rodal e a actriz María Castro

Remataron xa as actividades do Campus de Ciclismo que, durante toda a pasada semana, permitiu aos nenos e nenas de Baiona, comezar a tomar contacto co mundo da bicicleta. Os pequenos participantes coñeceron, ao longo das mañás, as múltiples modalidades que ofrece este deporte. A concelleira de Deportes do Concello de Baiona, María Jesús Martíns Passos, acudiu aos adestramentos e falou cos participantes de cara a coñecer de primeira man como foi a súa experiencia sobre as dúas rodas.

A tradicional foto de familia de fin de curso, contou cunha sorpresa inesperadas, xa que á mesma uniuse a actriz María Castro que atopábase paseando polo litoral e que, a petición dos pequenos participantes, amosouse encantada de facerse a foto con eles.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, amais de agradecer o xesto de María Castro, aproveitou a ocasión para felicitala pola súa recente maternidade. Rodal agradeceulle de xeito especial a publicación no seu blogue da revista Cosmopolitan 'El cajón de sastre by María Castro' dun artigo que titulaba 'Al fin en Baiona, mi paraíso' no que a actriz fai unha marabillosa descrición da vila, da súa beleza e da súa xente.

cajon de sastre maria castro