Nenos e nenas de Baiona gozan xa da Semana Verde

Nenos e nenas de Baiona gozan xa da actividade de campamento que, baixo o nome de Semana Verde, organiza o Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes en colaboración con ANPAS centros públicos escolares de Baiona, Protección Civil Val Miñor e a Concellería de Medio Ambiente. Este ano, a acampada escolar este ano ten lugar nas instalacións do Cámping Baiona Praia.

A acampada, xurde do interese que amosa o Concello da Real Vila de "desenvolver e fomentar as actividades na natureza, tanto desde a práctica deportiva como desde a formación integral e educativa dos escolares".

A iniciativa consta de actividades de lecer, xogos e outras de índole formativo onde o coñecemento da fauna, flora e historia da contorna do municipio teñen unha grande importancia no programa a desenvolver. As actividades están dirixidas e organizadas polo persoal de Recreativa baixo as directrices e supervisión do persoal técnico da Concellería de Deportes.

Con esta iniciativa a Concellería de Deportes do Concello de Baiona continúa coa súa programación prevista para as actividades de Montaña.