As Escolas Deportivas Municipais de Baiona pechan o curso cunha excursión a Cangas

O vindeiro sábado día 29 de xuño, e para complementar o peche do curso escolar deportivo 2018-2019 das Escolas Deportivas Municipais, a Concellería de Deportes de Baiona programa unha viaxe a Cangas en barco, viaxe xa ten aberta a inscrición dende día 1 de xuño para todos os socios das escolas Deportivas Municipais, estes terán opción de sacar 5 billetes cada un, para aqueles non socios que queiran participar deberán esperar ao día 12 de xuño para a súa compra.

O número de prazas é limitado e as inscricións deben de tramitarse nas Oficinas do Pavillón Municipal de Baiona. O horario de atención ao público será de 10.00 h a 14.00 h de mañás e de 18.00 a 20.00 h de tarde.

As saídas desde o porto pesqueiro de Baiona e regresos están previstas desde o peirao de Cangas nos seguintes horarios: 
• 09,15 h – 19.15 h (barco 1).
• 09.30 h – 19.30 h (barco 2).

O prezo está subvencionado pola Concellería de Deportes sendo o mesmo fixado en 7 € e establecendo a viaxe gratuíta para os menores de 3 anos (nados anos 2016-2017-2018-2019) (xustificante do mesmo). Para maior información dirixirse ao Pavillón dos Deportes de Baiona ou chamar á o Telf.: 986 356 558, tamén se dispón de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.