Baiona inicia as obras de mellora da mobilidade e seguridade na Avenida de Sabarís

A empresa Marconsa e o concello de Baiona veñen de formalizar o contrato para poder inciar ás obras de mellora da mobilidade e seguridade viaria na avenida Urbana de Sabarís, traballos que contarán cun investimento de 340.000 euros e un prazo de execución previsto de 3 meses, polo que deberían quedar concluídas antes de finalizar este verán.

Os traballos que darán comezo nos próximos días, consistirán na adaptación dos pasos de peóns á normativa actual de accesibilidade, a incorporación dun novo paso de peóns, as melloras na iluminación xeral substituíndo as lámpadas existentes por outras de tecnoloxía led, o reforzo na iluminación dos pasos de peóns, a rehabilitación xeral do firme, a incorporación de 5 marquesiñas nas paradas de autobús existentes e a sinalización completa da calzada.

Con todo isto preténdese levar a cabo unha actuación integrada que mellore "algo tan importante para este equipo como adecuala a a normativa actual en materia de accesibilidade", sinalan dende o Goberno que preside Ángel Rodal.