Baiona abre a inscrición para o XII Torneo Escolar de Tenis

Imaxes de arquivo duna das edicións anteriores do Torneo Escolar de Tenis Imaxes de arquivo duna das edicións anteriores do Torneo Escolar de Tenis

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona, que dirixe María Jesús Martíns Passos e o Club de Tenis de Baiona, veñen de anunciar a apertura do prazo de inscrición para participar na decimo segunda edición do «Torneo Escolar de Tenis» e que se disputará o vindeiro 2 de xuño nas instalacións do Pavillón Municipal de Baiona e o Pavillón Escolar de Covaterreña, onde se instalarán varias pistas de mini tenis e tenis desenvolver esta actividade que busca reforzar o programa escolar deportivo e a propia Escola Deportiva Municipal de tenis.

O torneo desenvolverase nas categorías de prebenxamín mixto, nados no 2010-2011; benxamin mixto, nados no 2008 e 2009); alevín mixto, nados entre 2006 e2007 e, finalmente, infantil mixto, nados no 2004 e 2005. A data límitede inscrición, xa que se conta con prazas limitadas, será o día 30 de maio.

O sistema de competición e o calendario ofrecerase aos e ás participantes unha vez pechado o período de inscrición e, ao mesmo tempo, se lle fará entrega dos horarios de disputa dos partidos. A Concellería de Deportes do Concello de Baiona insiste en que, dado que as prazas son limitadas, "é conveniente formalizar a inscrición á maior brevidade".

Este torneo escolar, sinala o Concello de Baiona, ten un "claro carácter solidario" polo que invitan a todos os participantes a achegar 1 quilo de alimentos non perecedoiros que serán entregados á ONG de Baiona «Axuda ao mundo Necesitado” que repartirá os produtos recollidos entre as familias máis necesitadas do municipio.

Para máis información ou mesmo para inscrición, interesados e interesadas poden dirixirse aos teléfonos 986 356 558 ou 679 196 881, ao fax 986 357 474 ou ao enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.