Baiona ultima os preparativos do 'BaideTapas 2019'

Hai oito anos, o Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba), poñían en marcha a ruta de tapas 'BaideTapas, unha iniciativa que tiña case un triple obxectivo, dinamizar a hostalería, amosar o extraordinario nivel ao que se atopa a gastronomía de Baiona e utilizar esta actividade como un elemento desestacionalizador do turismo. Hoxe, anos despois e coa oitava edición as portas, os obxectivos están máis que conseguidos como o demostra o éxito de participación que ten esta ruta.

Nigrán declina seguir colaborando coa empresa privada responsable das 'Bandeiras Azuis'

O Concello de Nigrán anunciou a súa intención de non seguir colaborando coa empresa privada ADEAC, responsable de conceder os distintivos 'Bandeira Azul'. Trátase –segudo explica o alcalde Juan González– dunha decisión moi meditada tras catro anos detectando falta de rigor e arbitrariedade en ADEAC". González insiste en que a decisión "non afectará a calidade dos servizos que se veñen ofrecendo nos areais nin a máxima protección medioambiental".

Baiona celebra, o 1 de maio, o 'III Mercado Antigo de Sabaryz'

O Concello de Baiona organiza por terceiro ano consecutivo o Mercado Antigo de Sabaryz coa intención de dar a coñecer a historia duns dos mercados máis antigos de Galicia. A cita será o vindeiro mércores 1 de maio de 2019 na Praza Vitoria Cadaval e en practicamente toda a Avenida Julián Valverde.

A legalización definitiva do cemiterio de Priegue pon fin a tres anos de trámites

A ampliación do Cemiterio de Priegue xa é definivamente legal despois de 35 anos sen regularizar. O alcalde de Nigrán, Juan González, asinou a semana pasada a resolución tras recibir o visto bo definitivo da Consellería de Sanidade despois de tres anos de trámites para adaptalo á Lei de Sanidade Mortuoria de Galicia. O camposanto, non municipal, estaba operativo dende 1987 pero sen ter os permisos necesarios, polo que a petición da propia comunidade de propietarios, o Concello tomou a decisión no 2016 de mediar coa Xunta para solventar este asunto.

O Nahela da Guarda, campión do 'Trofeo Comunica'

O 'Trofeo Comunica' do Monte Real Club de Iates pechou esta fin de semana unha nova edición coroando como gañador ao Nahela, do Club Deportivo Alagua da Guarda , que resultou vencedor absoluto na clasificación xeral, gañando tamén na clase ORC 1. A competición, disputada por primeira vez no marco da Semana Santa, desenvolveuse cunhas moi boas condicións meteorolóxicas, tipicamente estivais, con sol, sen apenas nubes, temperaturas elevadas e un vento do oeste-suroeste que se moveu entre os 6 e os 10 nós, o que axilizou a navegación dos veleiros rumbo a Baiona.

Suscribirse a este canal RSS