22.4 C
Pontevedra
Domingo, 24 de Setembro de 2023
Máis
    HomeUltimas NoticiasO 'Revitaliza' colabora este domingo na reforestación do monte en Salceda co...

    O ‘Revitaliza’ colabora este domingo na reforestación do monte en Salceda co compost dos centros de compostaxe comunitarios do municipio

    A actividade foi organizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e a Asociación de Veciños de San Xurxo

    O Plan Revitaliza da Deputación vai colaborar esta fin de semana nunha nova actividade de reforestación de monte, neste caso no Concello de Salceda de Caselas e organizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e a Asociación de Veciños de San Xurxo. A iniciativa vaise realizar nunha parcela de monte pertencente a comunidade de Montes de San Xurxo e pretende dotar de entramado vexetal a zonas afectadas pola vaga de incendios que asolaron a zona no 2017 e que que pouco a pouco van repoboándose de vida.

    As árbores que se plantarán son especies autóctonas que foron doadas pola Sociedade Galega de Historia Natural e proveñen do viveiro que ten a Escola de Capataces de Lourizán.

    O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e o Concello de Salceda de Caselas colaborarán achegando o compost que se vai utilizar para fertilizar a plantación e dando soporte con medios materiais. O compost provén dos centros de compostaxe comunitarios situados no centro urbano do municipio.

    A actividade vaise celebrar mañá domingo día 14 de marzo, no barrio da Bouzavedra en Salceda de Caselas. Para inscribirse ou recibir información as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa asociación a través dos correos electrónicos secretaria.avsx@gmail.com e gandaras@sghn.org.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS