16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasGalicia rexistrou hoxe un total de 4.361 casos activos por coronavirus

    Galicia rexistrou hoxe un total de 4.361 casos activos por coronavirus

    A últimas persoas falecidas foron unha muller de 80 anos que estaba ingresada no CHUO e un home de 76 anos que estaba ingresado no CHUAC. Ambos presentaban patoloxías previas

    A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.361 deles 1.403 son da área da Coruña, 855 da de Lugo, 463 da de Ourense, 413 da de Pontevedra, 364 da área de Vigo, 689 da de Santiago, e 174 da de Ferrol.

    Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 201 en unidades de hospitalización e 4.134 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.670 persoas curadas, rexistrándose 676 falecementos. A últimas persoas falecidas foi unha muller de 80 anos que estaba ingresada no CHUO e un home de un home de 76 anos que estaba ingresado no CHUAC. Ambos presentaban patoloxías previas.

    O número de PCR realizadas é de 384.735.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.