Redacción

Redacción

URL del sitio web:

Adrián Malheiro, o futuro do automobilismo

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, xunto ao concelleiro de Deportes, Antonio Castro, e o tenente alcalde, José Ángel Villaverde, recibiron hoxe na Casa do Concello ao xove deportista tudense Adrián Malheiro, que participa no circuíto nacional de Karts e foi nomeado coma piloto rockie do ano.

  • Publicado en Tui

Antonio Piña, pregoeiro das festas de San Telmo

A lectura do pregón polo maxistrado-xuíz Antonio Piña marca o inicio das Festas de San Telmo en Tui, declaradas de Interese Turístico Galego e que se celebrarán do 4 ao 13 de abril. Dentro do programa cabe salientar a celebración, o domingo as 18:00 horas, do Festival Folclórico Festas de San Telmo, na que participarán un total de oito formacións e que terá entrada libre e gratuíta.

  • Publicado en Tui

Visitas guiadas gratuítas

O potencial histórico, cultural, etnográfico e turístico de Baiona é incuestionable. Pero non basta só con posuír dito potencial, senón que é preciso dalo a coñecer tanto a propios como a estraños. É por iso que o Concello de Baiona vén de organizar unha serie de visitas guiadas durante a Semana Santa para que tanto os veciños e veciñas, como os turistas que nestas datas achéganse á Vila do Descubrimento, poidan coñecela a fondo.

  • Publicado en Baiona

Francisco Chivite, a volta dun veterano

Despois de 10 anos Francisco Chivite volta a primeira liña da política local ao ter aceptado a proposta do consello local do Bloque de Mondariz Balneario para encabezar a lista que os nacionalistas presentarán nas eleccións de maio. A proposta foi tratada pola asemblea aberta celebrada este sábado no Pub Yago´s da vila Balnearia. Chivite da así relevo a Alicia Lorenzo, actual portavoz municipal que encabezou a proposta nacionalista nas dúas últimas convocatorias e que con toda probabilidade seguirá ocupando un posto de saída na candidatura que terá tamén unha importante presenza de mocidade.

Suscribirse a este canal RSS