8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondela'Xuventude á Auga', a proposta de Redondela para que a mocidade tome...

    ‘Xuventude á Auga’, a proposta de Redondela para que a mocidade tome contacto cos deportes acuáticos

    A actividade dirixida á infancia e mocidade con edades entre 8 e 18 anos e que se desenvolverá por primeira vez no municipio, abrirá o prazo de inscrición o día 5 de xullo

    Por primeira vez, a infancia e a mocidade de Redondela poderán tomar contacto dos deportes acuáticos a través da iniciativa ‘Xuventude á Auga’, promovida polas concellerías de Deportes e Xuventude que xestionan Nacho González e Olga García Ballesteros, respectivamente.

    A inscrición, totalmente de balde, poderá realizarse de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello de Redondela –tanto no situado na Casa do Concello coma en Chapela– ou a través da Administración Electrónica na páxina web do concello www.redondela.gal. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro 5 de xullo e permanecerá aberta ata o 12 dese mesmo mes.

    ‘Xuventude á Auga’ está dirixida á infancia e mocidade con idades comprendidas entre os 8 e 18 anos e desenvolverá as súas actividades na praia de Cesantes en dous quendas de 40 participantes cada unha delas. A primeiraabrangue o período comprendido entre o 19 de xullo e 30 de xullo, mentres que a segunda quenda terá lugar do 2 de agosto ao 13 de agosto. En ámbalas dúas quendas o horario será o mesmo: de 9 a 14 horas.

    Tanto Nacho González como Olga García, destacaron a importancia da actividade “que por primeira vez abrangue unha franxa de idade –entre os 14 e 18 anos– que era habitualmente esquecida á hora de realizar actividades”.

    Ao longo de case que un mes, as e os participantes en ‘Xuventude á Auga’ poderán coñecer e ter unha primeira toma de contacto co paddlesurf, voley playa, slackline e outras disciplinas deportivas relacionadas coa praia e o mar, divididos en grupos de idade para un mellor aproveitamento da actividade.

    “Redondela é un municipio que vive intimamente vinculado ao mar e non parecía lóxico que, a nosa infancia e mocidade, carecera de actividades que estreitasen esa relación”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

    Trátase polo tanto, non só de ofrecer iniciativas de ocio e lecer durante a época estival, senón tamén involucrar ao sector máis novo da poboación en actividades saudábeis. “Brindámoslles a oportunidade de, en moitos casos, descubrir actividades acuáticas que descoñecían e que lles poden crear afección para despois, se así o desexan, ir afondando nelas”.

    Doutra banda, ‘Xuventude á Auga’ cumpre tamén o obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, unha das prioridades do Goberno que preside Digna Rivas durante os períodos vacacionais sumándose, polo tanto, aos Campamentos de Conciliación que, dende a chegada do actual Goberno local, pasaron a estenderse durante os meses de xullo e agosto en lugar de un só mes como se facía con anterioridade.

    Todas estas actividades permiten que as familias redondelás poidan compatibilizar as súas actividades laborais e familiares “sabendo que os seus fillos e fillas están en mans de profesionais cualificados e desenvolvendo actividades lúdico educativas que lles permiten, non só adquirir novas capacidades, senón que fomentan valores como o traballo en equipo, compañeirismo, integración e solidariedade”, conclúe a rexedora local.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.