BNG e PSdG-PSOE acadan un pacto de goberno en Ponteareas

Xosé Represas e Chus Garrote asinaron hoxe o pacto de goberno acordado entre BNG e PSdG-PSOE para gobernar en coalición en Ponteareas durante o vindeiro mandato. BNG e PSdG-PSOE suman doce concelleiros e concelleiras nunha corporación onde a maioría absoluta se sitúa nos once edís.

Máis de dous mil persoas benefícianse das melloras da piscina municipal de Ponteareas

Máis de dous mil usuarios/as da piscina municipal benefícianse dende esta semana dos resultados da posta en funcionamento da nova instalación climatizadora. Nas últimas semanas, o goberno de Ponteareas actualizou os equipamentos da piscina municipal e instalou unha nova climatizadora que reduce a condensación e mantén a temperatura axeitada tanto dentro como fóra da auga.

Xosé Represas: “A candidatura do BNG representa o mellor de Ponteareas”

Ante varios centos de persoas que encheron o salón de actos do Centro Artístico Sportivo, o BNG de Ponteareas presentou o pasado sábado a súa candidatura completa ás eleccións municipais. Ademais do alcalde e candidato á reelección, Xosé Represas, no acto interviñeron diferentes candidatos, entre eles os actuais edís Miguel Bouzó, Verónica Carrera e Cristina Fernández, así como o anterior portavoz nacionalista Roberto Mera.

As incidencias na vía pública poderán xestionarse a través dunha APP

O Concello de Ponteareas anunciou a posta en funcionamento da aplicación para a xestión de incidencias municipais encadrada dentro da estratexia 'Ponteareas, Hábitat Saudable' financiada cos fondos europeos de desenvolvemento rexional. A nova aplicación de incidencias permitirá á cidadanía transmitir e demandar reparacións e problemas sen ter que achegarse físicamente á ventanilla do rexistro para solicitalo. "Tan sinxelo como comunicarse por teléfono móbil directamente coa administración", sinalan dende o Concello ponteareán.

Ponteareas afronta a fase final do PXOM "adaptado ás esixencias da Xunta"

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, convocará nos vindeiros días aos grupos políticos a unha comisión informativa na que se abordará o PXOM "adaptado ás esixencias da Xunta de Galicia" como paso previo a súa aprobación. Con esta convocatoria o goberno municipal enfila a fase final do PXOM para lograr a aceptación e aprobación definitiva por para da Xunta. Cómpre lembrar que en febreiro de 2016 o Pleno resolveu as alegacións presentadas polos cidadáns e aprobou provisionalmente o PXOM que se remitíu á Xunta para a súa aprobación.

O Goberno de Ponteareas desminte os datos de Belén Villar sobre a economía municipal

O Concello de Ponteareas negou as acusacións realizadas por Belén Villar, candidata do PP á alcaldía, nas que afirmaba que 500 facturas por importe de 1,6 millóns de euros non foran contabilizadas e supoñían unha débeda que hipotecaría á futura corporación. O Concello desminte á edil do PP e afirma que “todas esas facturas están contabilizadas co visto bo da intervención municipal" e lembra que "quen as contabiliza é o interventor, non o alcalde”.

Suscribirse a este canal RSS