Ana Pontón, na presentación da Candidatura do BNG de Redondela

O BNG de Redondela xa conta con candidatura para as próximas eleicións municipais do 26 de maio, candidatura que será presentada á veciñanza nun acto aberto que terá lugar o xoves 21 de marzo, ás 20 horas, no multiúsos da Xunqueira e no que participará a voceira nacional do BNG, Ana Póntón; Maria Xosé García, Cecilia Pérez, Jessica García, e Xoán Carlos González.

O BNG denuncia a suba da cota da Seguridade Social ao marisqueo a pé

O BNG de Redondela cualificou de "suba abusiva, inxusta e totalmente inasumible" dos recibos da seguridade social aos e ás profesionais do mar por parte do ISM. Segundo os nacionalistas, un dos sectores máis prexudicados é o marisqueo a pé, cunha cota mensual que pasa de 194 a 240 euros, 46 euros de diferenza o que supón un incremento dun 23,7%.

Xoán Carlos González, contradí a Javier Bas no financiamento da escola infantil de Chapela

O portavoz do BNG de Redondela, Xoán Carlos González puntualizou hoxe as declaracións do alcalde de Redondela sobre o financiamento da Escola Ifantil de Chapela. González sinala que “dos 820.000 €, que afirma veñen recollidos nos orzamentos do Consorcio de Servizos Sociais, somente aparece o 50%”. Pola contra, sinala o concelleiro nacionalista, noutros concellos "vanse construír equipamentos similares, que chegan ao total do financiamento.

O BNG de Redondela solicita información sobre "os fedores procedentes de Aucosa"

O Bloque Nacionalista Galego de Redondela, a través do seu portavoz Xoán Carlos González, vén de preguntar ao alcalde de Redondela, Javier Bas, sobre a problemática orixinada pola empresa produtora de fariñas a partires de sobras de peixe, ubicada na beiramar de Cabanas e que, segundo veciños e veciñas, orixina cheiros "que mesmo lles impediron abrir as fiestras". Logo de varias semanas dende a pregunta, o concelleiro nacionalista dí que o único que obteñen do Concello "é a calada por resposta".

O BNG de Redondela pide investir en Saneamento os fondos do Plan Concellos

Mediante unha moción que se debaterá no Pleno ordinario de xaneiro, o portavoz municipal do BNG, Xoán Carlos González, pedirá que os máis de 800.000 euros da liña 1 (investimentos) do Plan Concellos 2019, "adíquense íntegramente para a ampliación da rede de saneamento". A gran demanda veciñal "dun servizo de primeira necesidade" e a dinámica do Goberno local de "reducir a mínimos históricos" a inversión de saneamento, son os dous motivos que, segundo González, impulsan a presentación desta moción.

O BNG organiza un acto informativo sobre a sanidade pública galega en Redondela

O BNG desenvolverá o vindeiro venres, 1 de febreiro ás 20 horas e na Casa da Cultura de Redondela, un acto público para abordar a situación de deterioro que está a sufrir a sanidade pública en Galicia e onde, sinalan os nacionalistas, "a Atención Primaria está a ser unha das principais damnificadas polas nefastas políticas de privatizacións e recortes do Partido Popular".

Xoán Carlos González: “O BNG non vai colaborar na campaña electoral de Javier Bas”

O portavoz do BNG no Concello de Redondela e candidato nacionalista á alcaldía, Xoán Carlos González, asegurou que o BNG non seguirá  a "campaña" de reivindicación da gratuidade da peaxe de Rande "pagada cos cartos de todos e todas as redondeláns" ao tratase dun intento de "tentar confundir á veciñanza, introducindo agora a reivindicación da gratuidade da Peaxe, cousa que ata o de agora nunca considerou prioridade”.

Suscribirse a este canal RSS