222 xadrecistas citáronse no VI torneo escolar Ramiro Sabell

O concello de Ponteareas felicita ao Club Xadrez Ramiro Sabell polo éxito do VI torneo escolar Ramiro Sabell pola xornada deportiva convocada o 17 de maio na que participaron 222 xogadores de 25 clubes galegos.
En colaboración co concello, co IES Val do Tea, o CEIP Mestre Ramiro Sabell e a Federación Galega de Xadrez, o club ponteareán agradece a todos os e as participantes a súa deportividade e felicita aos e ás gañadoras.

O Centro Dotacional de Torroso acolle o I Día do Xadrez Concello de Mos

Máis de 100 xogadores e xogadoras de todas as idades encheron de xadrez o Centro Dotacional de Torroso durante a edición inaugural do 'I Día do Xadrez Concello de Mos'. 43 escolares chegados de todas as parroquias de Mos participaron na V Liga Interescolar de Mos. Foi moita ilusión a vivida ao longo das 6 partidas, xa que para a gran maioría de nenos e nenas tratábase da súa primeira competición.

  • Publicado en Mos

A Guarda conta con dúas mesas para a práctica do Xadréz ao aire libre

O Concello da Guarda ven de instalar recentemente dúas mesas de Xadréz cos seus respectivos asentos na parte posterior do edificio do Centro Cultural da vila, unhas instalacións que servirán para a práctica do Xadréz, ofertando ademais dun servizo de préstamo de fichas de Xadréz e Damas na recepción do Centro Cultural.

  • Publicado en A Guarda

O Club Xadrez Mos organiza o seu Torneo de Nadal

O Club Xadrez Mos organiza o seu tradicional JTorneo de Nadal» que se celebrará os próximos días 29 e 30 de decembro no Centro Dotacional de Torroso. A inscrición está aberta aos xogadores e xogadoras que estean en posesión da correspondente licenza federativa en vigor para a tempada 2018. O prazo de inscrición rematará o mércores 26 de decembro e o cupo máximo de participantes o establece a organización en 100 xogadores e xogadoras.

  • Publicado en Mos

Positivos resultados do Club Xadrez Mos no Campionato do Mundo

O 15 de novembro, chegaba ao seu fin cara ás 22:00 horas, o Campionato do Mundo de Xadrez Cadete; que durante dúas semanas celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, dúas semanas que, segundo o prpio Club Xadrez Mos "estiveron cargadas de experiencias inesquecibles, emocións, amizades e de moito xadrez de moi alto nivel”. O club mosense competía neste mundial con 15 mozos e mozas que acadaron uns resultados moi positivos.

  • Publicado en Mos

«VII Torneo Dani da Rocha Prol», as promesas do xadrez cítanse en Nigrán

O Club de Xadrez Laroca, en colaboración co Concello de Nigrán, organiza un ano máis o «VII Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol», pertencente ao XIII Circuito Gallego de Ajedrez Promoción, e que terá lugar durante todo o sábado no Pavillón Municipal de Panxón. Centos de xóvenes xedrecistas participarán nesta competición na que o club nigranés rende homenaxe ao seu compañeiro Dani da Rocha, falecido en 2011. Como no ano anterior, pídese como custe da inscrición unha achega para o banco de alimentos municipal de Nigrán.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS