Baiona desenvolverá unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero na «Arribada»

O Concello de Baiona, está inmerso na elaboración dunha campaña de sensibilización contra as agresións sexistas que poñerá en marcha durante a celebración da Festa da Arribada. Desde a área de igualdade están a manterse reunións con distintos colectivos para ultimar os preparativos da iniciativa e implicar a distintas entidades. A campaña  «AgresionOFF. Eu digo non á violencia sexual» ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía, especialmente á mocidade, no rexeitamento cara ás manifestacións de violencia contra as mulleres, impulsando unha posición activa fronte ás condutas sexistas.

  • Publicado en Baiona

'Invisibles', a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas

Redrum Producciones de Santiago de Compostela presenta este venres, 15 de febreiro, ás 21:30 h no Teatro Municipal de Tui, Invisibles, unha peza que presenta historias reais de mulleres galegas vítimas de malos tratos unidas polo fío común da violencia de xénero. Marián Bañobre dirixe o elenco formado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez.

  • Publicado en Tui

O luns, 7 de xaneiro, concentración mensual contra a violencia machista en Redondela

A Concellaría de Muller e Igualdade do Concello de Redondela, que dirixe Teresa París, vén lembrar que o vindeiro luns, 7 de xaneiro ás 19:30 horas, terá lugar a concentración que, todos os meses, o Concello redondelán organiza como recordatorio permanente na loita contra a violencia machista e invita a toda a veciñanza a secundar esta manifestación de rexeitamento contra a violencia de xénero.

Tomiño aproba unha nova ordenanza que contempla axudas para casos de emerxencia social

O Concello de Tomiño aprobou de forma definitiva o pasado venres no transcurso do Pleno, unha nova ordenanza en materia de Benestar Social, que foi votada de maneira unánime polos membros da Corporación Local. A nova ordenanza pretende establecer unha serie de dereitos e recursos dentro do Programa de Inclusión Social, xerais e específicos para a cidadanía da localidade en risco de exclusión social.

  • Publicado en Tomiño

A Guarda dixo non á Violencia de Xénero

O pasado domingo, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, un gran número de veciños e veciñas congregáronse na guardesa Praza do Reló para rexeitar publicamente calquera tipo de violencia e, en especial, as violencias machistas. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, era o encargado de dar lectura a un manifesto, onde deixaba claro que a Violencia de Xénero, "é a manifestación máis extrema da desigualdade e, polo tanto, un obstáculo para o desenvolvemento dunha sociedade democrática".

  • Publicado en A Guarda

A Guarda anima á cidadanía a concentrarse contra a violencia machista este domingo

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza este ano varias actividades para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de Xénero, que se conmemora cada ano o 25 de novembro. As actividades arrancaron esta semana cunha gran implicación por parte do comercio, hostalaría e empresas en xeral do municipio, coa proposta de vestir de loito a vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia.

  • Publicado en A Guarda
Suscribirse a este canal RSS