'Deporte para todas as persoas' retoma as súas actividades conxuntas en Tomiño e Cerveira

A Eurocidade Cerveira-Tomiño reinicia este mes de febreiro as actividades do seu programa ‘Deporte para todas as persoas’, un programa de actividades deportivas gratuítas que se levan a cabo en equipamentos dos dous concellos ata final de ano e que inclúe tres variedades de actividades: piscina en familia, actividades para maiores de 55 anos e a práctica de diversas modalidades deportivas en parroquias de Tomiño e IPSS de Cerveira.

  • Publicado en Tomiño

A Eurocidade Cerveira-Tomiño amplía e mellora a xestión compartida de servizos en 2019

Dinámico e ambicioso, así se presenta o Plan de Actividades da Eurocidade Cerveira-Tomiño para 2019, aprobado polo Comité de Xestión Estratéxica. Alén de dar continuidade a algunhas accións-chave e consolidar eventos, os dous concellos veciños pretenden lanzar a Tarxeta Eurocidade, así como aplicar unha plataforma tecnolóxica para xestión de servizos públicos partillados. O obxectivo é axilizar rutinas diarias comúns ás dúas poboacións.

  • Publicado en Tomiño

Cerveira e Tomiño, premiados en 2018 polas súas iniciativas a prol da cidadanía

Os concellos de Cerveira e Tomiño conseguiron ao longo de 2018 varios premios polas boas prácticas que cada un dos municipios leva desenvolvendo dende hai tempo arredor de diversas áreas. Así, nos últimos meses, ademais do recoñecemento conxunto polas súas iniciativas de participación cidadá, o concello galego recibiu dous galardóns polo seu traballo a prol da infancia e do comercio local e o municipio luso polas súas iniciativas medioambientais.

  • Publicado en Tomiño

Últimos días para escoller os novos proxectos do Orzamento Participativo Transfronteirizo de Tomiño-Cerveira

Últimos días para que a cidadanía de Tomiño e Cerveira vote as dúas actividades que se desenvolverán ao longo de 2019 de forma conxunta en ambos os dous concellos ao acubillo da terceira edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT). Ata o vindeiro 16 de decembro as persoas residentes nestes dous municipios poderán escoller a través de votación telemática os seus dous proxectos preferidos entre os seis presentados e promovidos por 18 asociacións e entidades sen fins de lucro das dúas beiras do Miño.

  • Publicado en Tomiño

Seiscentos escolares de Tomiño inícianse na práctica do remo

Achegar á mocidade ao río ao tempo que se fomenta a actividade deportiva, o lecer inclusivo e saudable e a unidade transfronteiriza, son os obxectivos do proxecto «Náutica para todas as persoas», unha iniciativa promovida pola Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira (ADCJC) e Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade de Tomiño e unha das propostas gañadoras do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) 2018.

  • Publicado en Tomiño

Festa da Historia de Cerveira con animación medieval para nenos e nenas

Baixo a temática «Raíña Santa Isabel, Raíña Peregrina Jacobeia», a edición deste ano da Festa da Historia de Vila Nova de Cerveira ─do 16 ao 19 de agosto─ presenta un maior e diversificado conxunto de actividades lúdicas medievais destinadas ás faixas infantil e xuvenil, que se engade á habitual programación transversal a todas as idades. A área de exposición tamén é ampliada para poder acoller as decenas de artesáns e espectáculos de rúa.

Cerveira-Tomiño: 14 anos de Ponte da Amizade e catro anos de cooperación transfronteiriza exemplar

Un 11 de xuño de 2004, a inauguración da Ponte da Amizade, que une Tomiño e Vila Nova de Cerveira, marcou un antes e un despois no desenvolvemento transfronteirizo. A apertura da ponte suprimía os problemas de mobilidade entre as dúas beiras do Miño e facían posible un territorio común. Dez anos despois, ámbolos dous concellos asinaban a «Carta da Amizade» que profundizaba nos lazos sociais, culturais e deportivos co obxectivo de axudar a construir un futuro mellor para as vindeiras xeracións.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS