Realizan unha vertedura de entullo nunha área recreativa da Picaraña

A Comunidade de Montes de Arcos denunciou un vertido de entullo realizado recentemente na área recreativa da Picaraña situada ao pé da cruz de dito monte. O vertido fíxose ademais a carón do roteiro de sendeirismo dos Penedos da Picaraña e da pista de descenso de BTT. A Comunidade pide a colaboración cidadá para tentar localizar aos responsábeis a través das fotos realizadas no lugar dos feitos.

Unha denuncia de Adenco da lugar a unha nova multa ao Concello de Ponteareas

O Grupo Ecoloxista ADENCO acaba de recibir notificación de resolución da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola que se impón unha multa de 900 euros ao concello de Ponteareas por vertedura directa ao cauce do Tea procedente dun pozo de bombeo da rede de saneamento municipal na Freixa. Na resolución a Confederación advírtelle ao concello de Ponteareas que se absteña de realizar calquera vertedura sen dispor de autorización.

O Goberno de Ponteareas aclara a orixe das multas polas verteduras no Tea

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, lembrou hoxe ao grupo ecoloxista Adenco que as multas administrativas polas verteduras ao río Tea " non axilizan o proceso de mellora das verteduras e tan só supoñen un gasto e unha entrega de cartos á adminstración, cartos que poderían ser derivados a outros servizos en beneficio da cidadanía e do mediambiente". Represas lémbralles que as sucesivas multas teñen a súa orixe hai máis de 20 anos "con anteriores gobernos do PP".

A Xunta mellorará o colector de saneamento do Rosal e A Guarda

A Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia está a traballar, á instancia do Concello da Guarda, na elaboración dun proxecto de mellora do colector de saneamento dos municipios da Guarda e O Rosal. Hai preto dunha década que o Concello guardés puxo en coñecemento de Augas de Galicia o problema causado polas verteduras do colector.

A Xunta elimina sete puntos de verteduras incontroladas en Redondela

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de rematar os traballos para eliminar sete puntos de vertedura incontrolada no Concello de Redondela situados nos lugares de Cabeiro, Cedeira, Mamoa do Rei, Trasmaño, Campo fútbol Chapela, Buraca e Río Frío. O delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, acompañado polo alcalde do municipio pontevedrés, Javier Bas, desprazáronse ata o Campo de Fútbol de Chapela para comprobar o estado final das actuacións.

Adenco denuncia unha importante vertedura da depuradora de Ponteareas ao río Tea

O grupo ecoloxista Adenco vén de denunciar o que, ao seu entender, é "outro terrible atentado ambiental contra o río Tea", nesta ocasión a agresión ao espazo protexido vén derivada "dun importante verquido realizado directamente desde a depuradora de Ponteareas, localizada no lugar da Moscadeira", vertedura que, segundo os ecoloxistas, tiña lugar este pasado domingo.

AFG alerta que as verteduras ilegais "invaden os montes galegos"

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) vén de denunciar o grave problema que representan as verteduras ilegais que "invaden os montes galegos" e a lexislación que fai responsables aos propietarios dos montes "cando precisamente eles son as vítimas e non os culpables" sinala a Asociación. Segundo AFG o custe económico desta inxustiza "entre sancións e traballos de eliminación dos residuos ten chegado a represntar ata 10.000 euros nun ano para algunha comunidade de montes.

Suscribirse a este canal RSS