Nigrán Decide fai balance dos seus primeiros seis meses na nova Corporación

Nigrán Decide vén de facer balance dos primeiros seis meses de traballo da nova Corporación Municipal, dese xeito, aseguran a formación independente, cumpre un dos seus compromisos coa cidadanía que non é outro que dar conta “regularmente á veciñanza de Nigrán do traballo realizado no Concello e traballar por defender os ben común dos veciños”.

  • Publicado en Nigrán

“Nas Neves hai un goberno que xestiona e non esconde a cabeza”

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Méndez (BNG) e o primeiro tenente de alcalde, Eduardo Mariño (PSOE), veñen de facer a valoración dos primeiros 100 días de actuación do novo goberno local de coalición. Ámbolos dous coincidiron á hora de sinalar que nas Neves “hai un goberno que xestiona e non esconde a cabeza ou trata de agochar os problemas”.

  • Publicado en As Neves

O BNG do Porriño cualifica do goberno de "continuista e sen iniciativas"

O BNG do Porriño, fixo onte valoración dos cen días de goberno logo de que, tras as eleccións municipais, favorecera un cambio de goberno municipal votando a favor da investidura como alcaldesa de Eva García de La Torre. O obxectivo, segundo os nacionalistas, era "acabar coas prácticas clientelares, caciquís e privatizadoras do Goberno do Sr. Santos (PP)".

“Ponteareas ten un goberno estable por primeira vez dende 1999”

Xosé Represas, María Jesús Garrote e Manuel Troncoso, voceiros das tres formacións municipais que forman o goberno, repasaron os 100 primeiros días da lexislatura e compareceron ante os medios de comunicación para transmitir o que o alcalde ponteareán, resumía nas súas primeiras palabras ao sinalar que, dende a toma de posesión “foron 100 días de intenso traballo e cun goberno sólido e estable”.

O BNG seguirá traballando “na rúa por transformar Salceda”

O BNG-Asembleas Abertas de Salceda de Caselas valorou esta tarde os resultados acadados nesta pasada campaña electoral e agradeceu o apoio dos votantes, asegurando que non “defraudará as expectativas” das persoas que decidiron apoiar a súa candidatura e que “aínda que non teña representación no Concello, seguirá traballando na rúa por transformar Salceda”.

O BNG valora os resultados do 24M e fixa a folla de ruta

Tralas eleccións do día 24, e unha vez serenados os ánimos e rematadas as lóxicas celebracións, o candidato á alcaldía polo BNG, Xosé Represas, mantén arestora unha reunión co Consello Local dos nacionalistas para facer unha valoración máis polo miúdo dos resultados acadados e, ao mesmo tempo, fixar a folla de ruta para os vindeiros días.

Suscribirse a este canal RSS