Os Reis Magos chegan á Eurocidade Tui-Valença en Tren para comezar a cabalgata

A Eurocidade Tui-Valença recibe aos Reis Magos de Oriente este sábado, 5 de xaneiro, na décima edición da Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade que une as dúas cidades. A comitiva real estará formada por 150 persoas que acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar. O punto de partida da Cabalgata é unha das principais novidades deste ano, xa que os Reis Magos de Oriente chegan a Valença en tren.

  • Publicado en Tui

Andaina da Pedra Santa da Eurocidade Tui-Valença

O próximo sábado, 6 de outubro, a partir das 09:00 h (hora española), dende o aparcamento dos centros de remo e piragüismo de Tui, terá lugar a saída da última andaina do calendario de andainas saudables da Eurocidade. Será a Andaina da Pedra Santa, cun percorrido aproximado de 9,5 quilómetros, de dificultade baixa e unha duración aproximada de tres horas.

  • Publicado en Tui

Valença consolídase como destino turístico de calidade

A importancia de Valença como destino turístico de calidade, non é unha coincidencia, senón o froito de moitas horas de traballo e planificación. Así, de cara a seguir medrando nesa liña, a vila fronteiriza incrementou nun 18% as novas unidades de aloxamento local fronte as existentes no 2017, ofrecendo nestes momentos, a turistas e visitantes, un total de 44 unidades de aloxamento.

O sábado 4 de agosto celebrarse a «VIII Travesia a Nado da Eurocidade»

O sábado, 4 de agosto celebrarase a «VIII Travesía a Nado da Eurocidade Tui-Valença» Unha proba que este ano terá carácter popular cunha distancia de case 1.000 metros entre o Cais de Valença e a praia da Mariña en Tui. A saída será ás 11 hora española coincidindo coa pleamar. A inscrición, de balde, está aberta ata o propio 4 de agosto ás 10 hora española a través desta ligazón web.

  • Publicado en Tui

Unha andaina nocturna unirá este sábado os dous principais cumios da Eurocidade Tui-Valença

Unha andaina nocturna unirá este sábado, 28 de xullo, os dous principais cumios da Eurocidade Tui-Valença, o Monte Aloia e o Monte Faro, á luz da lúa chea. Será un percorrido de 17 de quilómetros, de dificultade doada, que comezará ás 23:30 hora española no Aloia e rematará entorno ás 5 da madrugada vendo o amencer no Monte Faro. Esta novidosa proposta forma parte do calendario de Andainas Saudables da Eurocidade.

  • Publicado en Tui

#todosconparamos, o atletismo solidario da Eurocidade Tui-Valença

O domingo 10 de xuño, a Eurocidade Tui-Valença celebrará a sétima edición da proba de atletismo solidaria «Eurocidade10» que este ano destinará todos os fondos recadados á Plataforma de Afectados pola explosión de Paramos. A inscrición de 4 euros, será destinada íntegramente a esa finalidade. Amais, as e os participantes tamén poden colaborar mercando, por 5 euros, unha camiseta da proba co hastag #todosconparamos.

  • Publicado en Tui

A «Visita nocturna polas memorias da fronteira», aprazada ata o 1 de xuño

O mal tempo desta fin de semana vén de facer que a actividade «Visita nocturna polas memorias da fronteira» de Valença do Minho, sexa aprazada ata o día 1 de xuño. Trátase dunha interesante actividade na que os e as participantes poderán coñecer as historias das trapicheiras e contrabandistas; as memorias do café e os caramelos; que é unha «mandrana» ou unha «apalpadeira». Son, en resumo, as historias e memorias que máis marcaron o último século con saída, ás 21:30 horas, dende a glorieta da Trapicheira.

Suscribirse a este canal RSS