Deputación e Universidade de Vigo, un paso máis en igualdade coa cátedra 'Feminismo 4.0'

Cun brinde pola igualdade, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, en compañía de colectivos e asociacións de mulleres da provincia, relacionadas coa cultura e a igualdade, deron esta mañá no Pazo de Castrelos, en Vigo, o pistoletazo de saída á cátedra “Feminismos 4.0” da Universidade de Vigo.

Alumnado de Xeografía e Historia da USC e Minho visitan a Eurocidade Tomiño-Cerveira

A Eurocidade Cerveira-Tomiño esperta o interese do estudantado de Xeografía e Historia. Arredor de 70 alumnos e alumnas e seis docentes das universidades de Santiago de Compostela e Minho (Braga) visitaron Tomiño para coñecer de primeira man os pormenores deste proxecto das dúas beiras do Miño, con especial fincapé nos orzamentos participativos por ser “unha experiencia pioneira a nivel transfronteirizo”.

  • Publicado en Tomiño

Nigrán reclama á Xunta transporte á universidade, ao Cunqueiro e que intercomunique ás parroquias

O alcalde de Nigrán, Juan González, asistiu esta mañá en Pontevedra a unha reunión coa Dirección Xeral de Mobilidade para analizar o servizo de transporte público no municipio, xestionado dende ATSA e actualmente en revisión ante a reordenación de tódalas liñas en Galicia prevista pola Xunta para inicios de 2020.González trasladou a necesidade dunha conexión directa co Hospital Alvaro Cunqueiro e a Universidade e a conexión entre as parroquias e o casco urbano do municipio.

  • Publicado en Nigrán

Carmela Silva, satisfeita "polo compromiso" do novo reitor en materia de colaboración

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, recibiu esta mañá no Pazo provincial da institución ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e ao vicerreitor do Campus de Pontevedra, Jorge Soto. No transcurso do encontro, no que repasaron as cuestións relativas ao protocolo asinado coa universidade en decembro de 2015 para poñer en marcha diferentes iniciativas, púxose tamén de manifesto o acordo e a vontade de ambas institucións para ir avanzando de cara a que a Escola de Enfermería pase a estar xestionada directamente pola universidade.

Ponteareas prepara un «Plan de Desenvolvemento Turístico Cultural do Corpus»

O Concello de Ponteareas traballará coas Universidades de Vigo e de Santiago na elaboración do denominado «Plan de desenvolvemento turístico cultural do Corpus de Ponteareas». Así o anunciou o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, tralas xestións realizadas para a sinatura dun proxecto que permitirá a constitución dun comité científico formado por un grupo de expertos en turismo e desenvolvemento territorial.

Concello de Ponteareas e Universidade de Vigo colaborarán no apoio da investigación

O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, asinaron na Casa do Concello un convenio de colaboración de cara a promover a cooperación e a colaboración para o desenvolvemento científico e tecnolóxico, procurando unha aplicación práctica do coñecemento en proveito da sociedade. Mato e Represas reafirmaron este acordo con verbas nas que animan a todos os centros educativos a motivar tanto ao alumnado coma ao resto da comunidade educativa

Suscribirse a este canal RSS