Ribadetea quere recuperar as súas «Perriñas» tradicionais do Entroido

De seguro, grande parte das persoas maiores de trinta anos desta parroquia e das dos redores, recorda de neno saír as “perriñas” no entroido, pero o certo é que dende fai muitos anos, as “perriñas” desapareceron das rúas e camiños de Ribadetea. Jhonathan Zúñiga e Alex Álvarez, coa colaboración da AA.VV San Xurxo de Ribadetea, decidiron este ano facer unha pequena saída no domingo de entroido vestidos coa tradicional roupa vella de perriña e percorrer parte da aldea.

A Misa dos Mouros no Castro de San Amaro (Lira, Salvaterra)

Incrible, fascinante e enigmático, así se pode describir este lugar pouco coñecido, o castro e capela de San Amaro, na parroquia de Lira, no concello de Salvaterra facendo linde co de Ponteareas. Para a maioría das persoas tratase dunha capela adicada a San Amaro nun pequeno monte, construída sobre un castro galaico onde abunda a cerámica como proba deste, nada novo, pero se nos imos o folclore popular oral e o investigamos máis a fondo, a cousa muda, e muito!

A Guarda celebrou a tradicional Romaría de Santa Trega

A Guarda celebrou, o pasado domingo día 23 de setembro a súa tradicional Romaría de Santa Trega, unha xornada relixiosa e de lecer que estivo marcada este ano por unha masiva afluencia de visitantes e unhas excepcionais temperaturas. A Romaría de Santa Trega é un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega no Monte de Santa Trega a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega.

  • Publicado en A Guarda

Éxito da exposición fotográfica «Así Somos» na Guarda

O pasado domingo día 26 de agosto a exposición fotográfica «Así Somos», que dende o 20 de xullo se atopaba na Sala de Exposicións da Casa dos Alonsos da Guarda, daba por concluída a súa andaina e o facía cuns magníficos número que reflectían o interese espertado na veciñanza: máis de 1.500 persoas visitaron esta mostra que, nun total de sesenta fotografías sacadas entre os anos 2014 e 2018, reflectía o día a día dos veciños da vila.

Tui, antiga corte de reis

Existen muitas vilas e cidades na terra galaica, no estado ou ata na Península Ibérica consideradas históricas, condais ou culturais, pero moi poucas na súa historia dentro de seus muros tiveran unha corte real, ou dúas cortes reais moi antigas fai 1400 anos atrás, neste caso Tui si pode presumir dela.

O Entroido tradicional no Condado, as Corridas do Galo

Entroido ou carnaval? Son o mesmo? Estas son algunhas preguntas que nos podemos facer nestas datas. Pero o certo, que o “entroido”, “antroido” ou “entrudo” non é un simple evento para disfrazarse, e unha festividade ancestral, popular e ten que ver co calendario solar e agrario europeo.

Mondrico, da fundación de Mondariz aos paquetes de tabacos Celtas

Mondrico, un antigo nobre de orixe xermano do Reino Suevo da Gallaecia, alcumado "O Bravo" foi segundo a lenda o fundador de Mondariz nos tempo do rei Resismundo fillo de Maldrás (que realmente encaixaría co o rei Remismundo). Este articulo esta basado no libro "Lendas, contos e outros relatos de Mondariz e o Balneario" escrito por Xoán Xosé Pérez Labaca, na súa memoria e gran traballo escribo este artigo.

As Palilleiras de Mos organizan unha Xornada Multilabores no Pazo


A Asociación de Palilleiras de Mos organiza a  II Xornada Multilabores con cursos de iniciación e nivel intermedio o sábado, 19 de novembro no Pazo de Mos. As prazas para participar son limitadas, polo que os interesados en facelo deberán reservar a súa praza chamando aos teléfonos 616 918 164, 675 310 658 e 608 885 094.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS