Os beneficios das augas do Balneario de Mondariz na prevención da vellez

Balneario de Mondariz acolleu un curso de preveción do envellecemento a partir das propiedades das aguas mineromedicinales. No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, as xornadas foron dirixidas a futuros médicos, nas que se abordou o papel que cumpren os centros termais de cara a favorecer o envellecemento activo das persoas da terceira idade.

Balneario de Mondariz, mellor opción para este outono segundo Skyscanner

"Buscas desconectar e pasar uns días de relax lonxe do barullo do traballo? Propoñémosche que deteñas a túa vida cotiá e déasche unha volta por Galicia e en concreto pola súa mellor vila termal, Balneario de Mondariz. Volverás como novo!" Esta é a introdución ao ranking que acaba de publicar Skyscanner, un metabuscador de voos que compara aerolíneas e buscadores de voos dunha soa vez, entre eles eDreams, Expedia, LastMinute e Travelgenio.

A vila termal de Mondariz retratada por Peridis en «Aquí la tierra» de TVE1

O arquitecto, debuxante, humorista e escritor José María Pérez González, «Peridis», retratou cos seus trazos característicos a vila termal de Balneario de Mondariz nun especial sobre o concello máis pequeno de España no programa de «Aquí la tierra» de TVE1. Os seus debuxos de la Fuente de Gándara e do Palacio da auga serviron para abrir e pechar unha reportaxe que se denominou «Aquí bríndase con Auga».

Carmela Silva aposta “polo enorme potencial en termalismo que ten esta provincia”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, presentou a nova sinalización tecnolóxica mediante paneis con códigos QR para promover os recursos turísticos das vilas termais da provincia e reclamou, ao igual que os alcaldes, “si ou si, unha lei que permita a xestión e dirección pública das augas termais porque o recurso e de todas e todos polo que non pode estar en exclusividade en mans privadas”, en palabras de Silva.

A Deputación aposta polas novas tecnoloxías na promoción das vilas termais da provincia

Mondariz Balneario será unha das vilas que se beneficiará do proxecto de posta en valor das vilas termais da provincia, a través do uso das novas tecnoloxías, que vén de promover a Deputación de Pontevedra no marco das actuacións que está a impulsar ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo. Máis polo miúdo, a iniciativa ten por obxectivos instalar na localidade paneis en tamaño A3 con códigos QR con información descargable en texto e audios en galego, castelán e inglés.

Mondariz Balneario entre os mellores destinos do mundo para 2018

Balneario de Mondariz, vén de ser considerado como un dos mellores destinos do mundo, segundo a «Gold List Traveler 2018», que elabora anualmente os expertos de «Conde Nast Traveler», a revista de maior prestixio internacional no sector de viaxes, na súa selección dos mellores hoteis, spas e destinos, a nivel nacional e internacional.

Máis de 370 maiores participan esta semana no programa «Depotermal 2017»

A partir de mañá, 10 de decembro, e ata o vindeiro venres 15, 374 persoas da provincia maiores de 50 anos poderán desfrutar do programa da Deputación de Pontevedra «Depotermal 2017». Este programa ten por obxectivos fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, facilitando o acceso ao turismo de saúde a persoas que doutro xeito non poderían beneficiarse da súa dobre función como período de vacacións e tratamento sanitario.

Suscribirse a este canal RSS