O teatro abre o mes de maio na Guarda

A Concellería de Cultura do Concello da Guarda programa para a primeira fin de semana do mes de maio dúas obras de teatro, unha para público infantil e familiar e outra para todas as idades. «La compañera de piso» da compañía Contraproducións e «Bon Appétit» son as dúas suxestivas propostas para estes primeiros días de maio.

«Bernarda» de Malasombra Producións, o 5 de abril na Guarda

O Centro Cultural da Guarda será o escenario para a representación teatral de «Bernarda» a cargo da Compañía Malasombra Producións, prevista para o vindeiro venres día 5 de abril ás 21:00 h. A entrada será libre, previa retirada de entradas dende hoxe 30 de marzo, no propio Centro Cultural.

'Invisibles', a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas

Redrum Producciones de Santiago de Compostela presenta este venres, 15 de febreiro, ás 21:30 h no Teatro Municipal de Tui, Invisibles, unha peza que presenta historias reais de mulleres galegas vítimas de malos tratos unidas polo fío común da violencia de xénero. Marián Bañobre dirixe o elenco formado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez.

  • Publicado en Tui

Este sábado, teatro no Auditorio Municipal de Ponteareas

O Auditorio Municipal de Ponteareas acolle, este sábado 2 de febreiro, ás 20 horas, a representación da obra Raclette de Ibupofreno Teatro que foi merecedora do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. Os billetes poderán mercarse ata o venres de 11 h a 14 h e o sábado de 11 h a 14 h e dende ás 17 h ata o comezo do espectáculo. Poderánse reservar localidades no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata as 14 h do sábado día 2, e retiralas antes desa hora. 

A Guarda oferta no Nadal dúas obras de teatro e o espectáculo do 'Apalpador'

O Concello da Guarda ofertará dúas obras de teatro na Axenda de Nadal 2018/19 coas funcións do teatro para nenos «Tristán» o vindeiro xoves 27 de decembro ás 17:30h no Centro Cultural e do teatro-clown musical para adultos «Route 66» o venres 28 de decembro ás 21:00h no Centro Cultural da Guarda, e o sábado 29 co espectáculo do Apalpador, tamén no Centro Cultural.

  • Publicado en A Guarda

«Elisa e Marcela» o domingo no Auditorio de Goián

Este domingo, 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, o auditorio de Goian acollerá ás 18 horas a representación de «Elisa e Marcela» a cargo da compañía A Panadaría. Trátase dunha singular peza coproducida polo Centro Dramático Galego na que se relata a historia, —con pinceladas de humor, música e un excepcional traballo das actrices— de dúas mulleres galegas namoradas a comezos do século XX.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS