As Novas Xeracións do Porriño convidan a unha andaina "cun fin solidario"

O Porriño acollerá esta fin de semana a 'I Andaina Popular polo Porriño' organizada polas Novas Xeracións do Partido Popular en colaboración con Cáritas Parroquial San Rosendo de Torneiros co obxectivo de promover o deporte e tamén a solidariedade. A iniciativa, aberta a todos os públicos, ten como único requisito para a inscrición, a entrega de alimentos non perecedoiros de primeira necesidade que serán doados a Cáritas Parroquial de San Rosendo de Torneiros, entidade que se encargará de repartilos entre as familias que máis o precisen.

A Casa dos Alonsos da Guarda acolle unha exposición sobre o Desenvolvemento Sostible

A Casa dos Alonsos da Guarda acolle, dende onte 24 de abril, a mostra 'Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades alá e acolá', que reune un total de 17 viñetas, unha por dada ODS, de 15 debuxantes, tanto de Galicia coma de países africanos da lusofonía como Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau. A exposición está promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. 

Deporte e solidariedade no V Torneo Basket Sen Barreiras do C.B. Nigrán

Define a Real Academia Española, no seu diccionario, a palabra redundancia como "Emprego de palabras innecesarias para expresar unha idea ou concepto por estar xa expresado con outras palabras ou por sobreentenderse en elas". Así pois, e dende esa definición, os termos C.B. Nigrán e solidariedade son redundantes porque, no primeiro xa vai implícido o segundo.

  • Publicado en Nigrán

Inclusión e deporte da man do C.B. Nigrán

O Club Baloncesto Nigrán traballa xa na organización da quinta edición do 'Torneo Basket sen Barreiras' que se celebrará os días 15 e 16 de abril no Pavillón Municipal de Panxón cun dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar alimentos para colaborar co banco de alimentos de Nigrán polo que, cada xogador e xogadora participante, realizará a súa inscrición achegando un quilo de alimentos non perecedoiros.

  • Publicado en Nigrán

Baiona súmase á campaña 'Iluminao Azul' de concienciación sobre o autismo

Con motivo da conmemoración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, o Concello de Baiona iluminará de azul, durante a tarde noite do 2 ao 3 de abril, tres dos máis significativos edificios e monumentos da localidade que serán a Casa do Concello, o Cruceiro da Santísima Trindade e a Virxe da Roca, en apoio ás persoas que padecen autismo e ás súas familias.

  • Publicado en Baiona

'Mil grullas pola paz' de Hiroshima a Goián

Os alumnos e alumnas do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián conseguiron encartar un total de 1.000 grullas de papel co obxectivo de pedir a PAZ no mundo homenaxeando así neste día a Sadako Sasaki, a nena de Hiroshima que morreu en 1955 sen conseguir encartalas. Durante máis dun mes alumnos, profesores e familias pasaron moitas horas entre papeis de cores co fin de conseguir o obxectivo de encartar esas 1.000 grullas e pedir así o desexo de que se acaben os conflitos violentos no mundo para que os seres humanos podamos vivir en paz.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS