Rivas asegura que o goberno redondelá fai “oídos xordos” á precariedade dos Servizos Sociais

“Dende o 2016 levamos reclamando, dende o grupo municipal do PSdeG-Redondela, a necesidade de que os Servizos Sociais municipais conten cunhas instalacións axeitadas, accesibles e nas que a privacidade dos usuarios e usuarias estea garantida”, afirmou hoxe Digna Rivas ao chamar a atención sobre a “precaria situación deste departamento municipal” situado nunhas instalacións que “non cumpren ningunha desas condicións”.

Tomiño reforza o servizo de axuda no fogar

O concello de Tomiño ten na actualidade 36 auxiliares socio-sanitarias que atenden a máis de 100 persoas maiores, dependentes ou enfermas, distribuídas por todo o termo municipal. Ante a previsión de que a Xunta de Galicia aumente 900 horas máis para usuarios con dependencia, o Concello organizou recentemente un curso gratuíto de auxiliar socio-sanitario, co que na actualidade, se sumaron varias persoas máis ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Tomiño.

  • Publicado en Tomiño

O BNG di que o Goberno de Redondela "chantaxea" cos Servizos Sociais

O voceiro municipal do Bloque Nacionalista Galego de Redondela, Xoán Carlos González, acusou hoxe ao Goberno que preside Javier Bas de "chantaxear á oposición" co traslado das oficinas de Servizos Sociais e o CIM, "para conseguir o voto a favor ou a abstención nas negociacións dos orzamentos", porén, Segundo González, “priorízanse proxectos con máis rédito eleitoral”. Dende hai un ano que o Concello dispón dun local de 300 m2, cun anteproxecto, "e un orzamento de arredor de 200.000 €, do que ninguén sabe", afirma o voceiro nacionalista.

O Goberno ponteareán sacará a concurso a concesión da cafetería do Centro Social

A concellería de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas que dirixe Manolo Troncoso, vén de dar conta que o Goberno local que preside Xosé Represas, procederá a sacar a concurso a concesión do servizo de cafetería do centro social da rúa Oriente. Para garantir a transparencia e a igualdade de oportunidades "o Goberno convocará un concurso para a explotación da cafetería situada no andar baixo do centro social".

Destacados cociñeiros galegos ensinan na Guarda a elaborar pratos económicos, sans e solidarios

As escolas de Buxán acollen unha serie de sesións formativas sobre gastronomía dirixidas ás familias beneficiarias dos Servizos Sociais e do programa de Educación Familiar do Concello da Guarda e do colectivo Conrazones. Nestas sesións participan diversos e recoñecidos cociñeiros de toda a xeografía galega, que amosan o seu bo facer nos fogóns e empregando moitos trucos e recomendacións de interese.

  • Publicado en A Guarda

ACiP esixe ao Goberno local o "mantemento óptimo" do Centro de Servizos Sociais

Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, vén de denunciar o estado en que se atopa o Centro Social de Ponteareas e demanda "unha solución inmediata" ao Goberno local. O seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, esixe que o Concello cumpra o convenio asinado coa Xunta, "que o obriga a manter operativo" o servizo que se presta aos usuarios e usuarias "así como ao correcto estado das instalaciónks e o inmoble".

Suscribirse a este canal RSS